RENOVACIÓNS - LISTAXE DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
Listaxes de admitidos e excluídos dos nenos e nenas que renovaron as prazas de Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas para o próximo curso 2022/2023.
Para comprobar a súa renovación debe localizar o número de rexistro na lista do servizo que renovou.
As solicitudes non admitidas, poderán emendar solucionando o indicado e presentando a xustificación da emenda mediante rexistro.
Todas aquelas solicitudes non admitidas que non emenden antes do 1 de setembro, perderán a praza.
Lembre que a documentación que presente debe ser orixinal se o presenta nun rexistro presencial ou copia auténtica, se fai a presentación por rexistro telemático.
Os teléfonos para información das débedas en executiva son os seguintes:
DEPUTACIÓN: 900 132 204 GTT: 981884 896 ESPINA & DELFÍN: 981 890 776