SOLICITUDE DE PRAZA PARA ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS CURSO 2022-2023

Escolas infantís municipais

Tes a túa disposición a Información e documentación necesaria para realizar a solicitude de  praza para o curso 22-23 nas Escolas Infantís de Ames.

Recorda seleccionar a documentación da escola onde queres realizar a túa solicitude de praza

 APERTURA DO PRAZO DE PREINSCRICIÓN PARA O CURSO 2022/2023 NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS O BOSQUE E A MADALENA DO CONCELLO DE AMES.

- DO 1 Ó 15 DE ABRIL , AMBOS INCLUÍDOS, ABRIRASE O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA PARA O CURSO 2022-2023 NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DE AMES..

 Este ano debido aos festivos de Semana Santa e que o luns 18 é festivo local no concello de Ames, amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o 19 de abril (incluído).

-O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO SERÁ DE 9:00-14:00 NAS DEPENDENCIAS DAS ESCOLAS

  • A documentación poderá descargarse preferentemente na seguinte ligazón https://www.conciliames.gal ou recollerse nas dependencias de cada unha das escolas
  • A documentación poderá entregarse por medio da sede electrónica do Concello de Ames ou nas dependencias das propias escolas en horario de 9:00 a 14:00h previa cita

-CITA PREVIA: Para calquera trámite será preciso solicitar cita previa nos seguintes teléfonos:

-Cumprirase estritamente o horario de cada cita.

-As citas serán individuais, non podendo vir en ningún caso acompañados.

-Deberase vir provisto de mascara e gardaranse as distancias de seguridade.

-Esperarase fora ata que o persoal da escola lle facilite a entrada

-Traerase toda a documentación cuberta.

Dirixido a:
Familias con nenos/as de 0 a 3 anos
Ano:
2022
Share

Requisitos

DOCUMENTACIÓN QUE DEBEN PRESENTAR NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DE AMES, EN HORARIO DE 9:00A 14:00 HORAS, PARA SOLICITAR PRAZA DO 1 AO 15 DE ABRIL:

Folla de solicitude de praza (poderedes descargala co resto da documentación ou solicitala na escola)

1.- XUSTIFICACIÓN SITUACIÓN FAMILIAR

- 1 FOTOCOPIAS DO DNI DOS PAIS.

- UNHA COPIA AUTENTICA DO LIBRO FAMILIA COMPLETO.

- NO CASO DE SER FAMILIA MONOPARENTAL: SITUACIÓN DE MONOPARENTALIDADE RECOÑECIDA POLA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA OU SENTENZA DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, CONVENIO REGULADOR OU RESOLUCIÓN DE MEDIDAS PATERNO FILIAIS.

- UNHA COPIA AUTENTICA DO LIBRO DE FAMILIA NUMEROSA RECOÑECIDA POLA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, SE É O CASO.

-1 COPIA AUTÉNTICA DO CERTIFICADO DO GRAO DE DISCAPACIDADE E/OU DEPENDENCIA DO PAI/NAI/TITOR LEGAL OU OUTROS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR

- CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO E CONVIVENCIA (Serán solicitados de oficio polo persoal da escola unha vez entregada a solicitude) ( xuntase copia )

2.- XUSTIFICACIÓN SITUACIÓN LABORAL

2.1.- XUSTIFICACIÓN DE OCUPACIÓN ACTUALIZADA:

-1 FOTOCOPIA DA ÚLTIMA NÓMINA (Para traballadores por conta allea)

- NO CASO DE BAIXA DE MATERNIDADE/PATERNIDADE ENTREGARASE FOTOCOPIA DA ÚLTIMA NÓMINA DE ALTA E A BAIXA MATERNAL/PATERNAL.

-1 FOTOCOPIA DO ÚLTIMO RECIBO DE PAGAMENTO DA COTA Á SEGURIDADE SOCIAL. (Traballadores autónomos)

-1 FOTOCOPIA DO ÚLTIMO RECIBO DE PAGAMENTO DE COTA DA CORRESPONDENTE MUTUALIDADE. (Traballadores por conta propia)

-No caso de estar realizando estudios oficiais presentar certificado que acredite tal circunstancia para o curso correspondente

2.2.- XUSTIFICACIÓN DE DESEMPREGO ACTUALIZADA:

- CERTIFICACIÓN DE SER DEMANDANTE DE EMPREGO NO QUE SE ESPECIFIQUEN AS ALTAS E BAIXAS (Con efectos do día anterior ao 1 de abril do ano para o que se solicita).

- CERTIFICADO DO INEM QUE ACREDITE SI RECIBE ALGÚN TIPO DE PRESTACIÓN. (Revisable cada 3 meses)

3.- XUSTIFICACIÓN DE SITUACIÓN ECONÓMICA

- AUTORIZACIÓN ASINADA PARA A CONSULTA DOS DATOS TRIBUTARIOS QUE FIGURAN EN PODER DA AXENCIA ESTATAL DE ADMINISTRACIÓN TRIBUTARIA OU AS COPIAS AUTENTICAS DA DECLARACIÓN DA RENDA

- FOTOCOPIA AUTENTICA DA RENDA DE INTEGRACIÓN SOCIAL DE GALICIA (RISGA)

4.- OUTRAS DOCUMENTACIÓNS:

- DOCUMENTO ASINADO DE ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA ESCOLA.

-DECLARACIÓN RESPONSABLE DE COPIA AUTENTICA DA DOCUMENTACIÓN PRESENTADA.

*Terán a consideración de copia auténtica dun documento público administrativo ou privado as realizadas, calquera que sexa o seu soporte, polos órganos competentes das Administracións Públicas nas que quede garantida a identidade do órgano que realizou a copia e o seu contido.

As copias auténticas terán a mesma validez e eficacia que os documentos orixinais. (Artigo 27.2 LPAC)

* Art. 9.5 RRI.- Calquera indicio de cambio non declarado, de distorsión ou de falseamento da situación socio-familiar, da situación laboral-familiar ou da situación económica reflectidas na solicitude poderá dar lugar a que se inicie de oficio unha investigación para a comprobación dos referidos datos. Para a apertura deste expediente nomearase un instrutor/a que será o/a concelleiro/a de Educación, un secretario/a que será o/a secretario/a do Concello ou funcionario/a en quen delegue. A secretaria elaborará un informe que poñerá en coñecemento da comisión de baremación.