PREVIAMENTE Á REALIZACIÓN DA MATRÍCULA OS USUARIOS INTERESADOS TIVERON QUE REALIZAR A SOLICITUDE DE PRAZAS COA SEGUINTE DOCUMENTACIÓN
Escola Infantil Municipal A Madalena
A continuación, tes á túa disposición a documentación necesaria para solicitar praza na Escola Infantil Municipal de Ames (Escola Infantil Municipal A Madalena) para o curso 2021-2022.
O prazo de solicitude estará en vigor entre o 1 de Abril ata o 15 de Abril de 2021, ambos incluídos.
A documentación pode presentarse tanto presencialmente na escola infantil municipal en horario de 9:00 a 14:00 h. previa cita, como a través da sede electrónica do Concello de Ames.
CALES SON OS CRITERIOS DE BAREMACIÓN
Documento con criterios de baremación na anualidade 2021
QUE DOCUMENTACIÓN DEBO PRESENTAR PARA REALIZAR A SOLICITUDE
A documentación a presentar é específica para cada unha das Escolas podendo presentar dúas instancias diferenciadas.
É moi importante cubrir todos os impresos e asinalos.
1. SOLICITUDE XERAL
Solicitude xeral para a Escola Infantil Municipal A Madalena (descargar impreso).
2. XUSTIFICACIÓN DA SITUACIÓN FAMILIAR
- 1 fotocopia do DNI dos pais.
- 1 copia autenticada do libro de familia completo.
No caso de ser familia monoparental presentarase sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno filiais.
- 1 copia autenticada do libro de familia numerosa se é o caso.
- 1 copia do certificado do grao de discapacidade e/ou dependencia do pai/nai/titor legal ou outros membros da unidade familiar.
- Certificado de empadroamento e convivencia (serán solicitados de oficio polo persoal da escola unha vez entregada a solicitude) (Instancia_certificados).
3. XUSTIFICACIÓN DA SITUACIÓN LABORAL
3.1. Xustificación de ocupación actualizada
- 1 fotocopia da última nómina (para traballadores por conta allea).
- No caso de baixa de maternidade entregarase fotocopia da última nómina de alta e da baixa de maternidade.
- 1 fotocopia do último recibo de pagamento da cota á seguridade social (traballadores autónomos).
- 1 fotocopia do último recibo de pagamento de cota da correspondente mutualidade (traballadores por conta propia).
- No caso de estar realizando estudos oficiais presentar certificado que acredite tal circunstancia para o curso correspondente.
3.2. Xustificación de desemprego actualizada
- Certificación de ser demandante de emprego no que se especifiquen as altas e baixas (con efectos do día anterior ao 1 de Abril do ano para o que se solicita).
- Certificado do INEM que acredite se recibe algún tipo de prestación (revisable cada 3 meses).
- Declaración responsable de ser demandante de emprego (Declaración_responsable_demandante_emprego).
4. XUSTIFICACIÓN DE SITUACIÓN ECONÓMICA
5. OUTRA DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR
Terán a consideración de copia auténtica dun documento público administrativo ou privado as realizadas, calquera que sexa o seu soporte, polos órganos competentes das Administracións Públicas nas que quede garantida a identidade do órgano que realizou a copia e o seu contido.
As copias auténticas terán a mesma validez e eficacia que os documentos orixinais. (Artigo 27.2 LPAC)
Escola Infantil Municipal O Bosque
A continuación, tes á túa disposición a documentación necesaria para solicitar praza na Escola Infantil Municipal de Ames (Escola Infantil Municipal O Bosque) para o curso 2021-2022.
A documentación pode presentarse tanto presencialmente en cada unha das escolas infantís municipais en horario de 9:00 a 14:00 h. previa cita, como a través da sede electrónica do Concello de Ames .
CALES SON OS CRITERIOS DE BAREMACIÓN
Documento con criterios de baremación na anualidade 2021
QUE DOCUMENTACIÓN DEBO PRESENTAR PARA REALIZAR A SOLICITUDE
A documentación a presentar é específica para cada unha das Escolas podendo presentar dúas instancias diferenciadas. É moi importante cubrir todos os impresos e asinalos.
1. SOLICITUDE XERAL
Solicitude xeral para a Escola Infantil Municipal O Bosque (descargar impreso).
2. XUSTIFICACIÓN DA SITUACIÓN FAMILIAR
- 1 fotocopia do DNI dos pais.
- 1 copia autenticada do libro de familia completo.
No caso de ser familia monoparental presentarase sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno filiais.
- 1 copia autenticada do libro de familia numerosa se é o caso.
- 1 copia do certificado do grao de discapacidade e/ou dependencia do pai/nai/titor legal ou outros membros da unidade familiar.
- Certificado de empadroamento e convivencia (serán solicitados de oficio polo persoal da escola unha vez entregada a solicitude) (Instancia_certificados).
3. XUSTIFICACIÓN DA SITUACIÓN LABORAL
3.1. Xustificación de ocupación actualizada
- 1 fotocopia da última nómina (para traballadores por conta allea).
- No caso de baixa de maternidade entregarase fotocopia da última nómina de alta e da baixa de maternidade.
- 1 fotocopia do último recibo de pagamento da cota á seguridade social (traballadores autónomos).
- 1 fotocopia do último recibo de pagamento de cota da correspondente mutualidade (traballadores por conta propia).
No caso de estar realizando estudos oficiais presentar certificado que acredite tal circunstancia para o curso correspondente.
3.2. Xustificación de desemprego actualizada
- Certificación de ser demandante de emprego no que se especifiquen as altas e baixas (con efectos do día anterior ao 1 de Abril do ano para o que se solicita).
- Certificado do INEM que acredite se recibe algún tipo de prestación (revisable cada 3 meses) .
- Declaración responsable de ser demandante de emprego (Declaración_responsable_demandante_emprego).
4. XUSTIFICACIÓN DE SITUACIÓN ECONÓMICA
- Autorización asinada para a consulta dos datos tributarios que figuran en poder da Axencia Estatal de Administración Tributaria (Autorización_consulta_datos_Facenda_ModeloOBosque ).
- Fotocopia auténtica da renda de integración social de Galicia (RISGA)
5. OUTRA DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR
Terán a consideración de copia auténtica dun documento público administrativo ou privado as realizadas, calquera que sexa o seu soporte, polos órganos competentes das Administracións Públicas nas que quede garantida a identidade do órgano que realizou a copia e o seu contido.
As copias auténticas terán a mesma validez e eficacia que os documentos orixinais. (Artigo 27.2 LPAC)
* Art. 9.5 RRI.- Calquera indicio de cambio non declarado, de distorsión ou de falseamento da situación socio-familiar, da situación laboral-familiar ou da situación económica reflectidas na solicitude poderá dar lugar a que se inicie de oficio unha investigación para a comprobación dos referidos datos. Para a apertura deste expediente nomearase un instrutor/a que será o/a concelleiro/a de Educación, un secretario/a que será o/a secretario/a do Concello ou funcionario/a en quen delegue. A secretaria elaborará un informe que poñerá en coñecemento da comisión de baremación.