Xuño Lúdico 2023
O Xuño Lúdico é unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar dos veciños e veciñas de Ames durante o período non lectivo do mes de xuño, concretamente para o ano 2023, os días 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de xuño. As normas de organización e funcionamento de dito programa están reguladas no “Regulamento de funcionamento dos programas lúdicos do Concello de Ames” publicado no BOP núm. 86, de 8 de maio de 2019 e no BOP núm. 243, de 26 de decembro de 2022. O servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estean escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e Primaria.
Segundo establece o artigo 12 de dito Regulamento, os lúdicos desenvólvese en Bertamiráns e no Milladoiro, nos locais habilitados polo Concello e que se farán públicos en cada convocatoria nas oficinas de O Milladoiro e Bertamiráns, e tamén na páxina web do Concello "www.concellodeames.gal"