Moi importante!. Reestablecemento de contrasinais para usuarios con conta

Luns, 21 Xuño, 2021

Con motivo de mellorar os servizos de conciliación do Concello de Ames, procedemos a renovar o portal web e a aplicación interna Conciliames.gal.

O obxectivo desta iniciativa é facer un entorno máis amigable, accesible desde diferentes dispositivos e que poidades xestionar e tramitar as vosas solicitudes de forma máis áxil.

Para activar o novo sistema, todos aqueles usuarios que xa tiñades acceso a ConciliAmes debedes reestablecer o voso contrasinal a través do apartado:

REESTABLECER CONTRASINAL

Ao facer este proceso veredes que xa podedes acceder ao panel interno de xestión de solicitudes e que todas as vosas solicitudes están gardadas.