NOTA INFORMATIVA SOBRE OS HORARIOS DE RECOLLIDA DOS COMEDORES ESCOLARES

Comedores escolares

A concellaría de Educación informa que a organización dos horarios de recollida son fundamentais para garantir a seguridade e o correcto funcionamento nas saídas da rede municipal de comedores escolares.

Os horarios establecidos responden á necesidade de organizar a recollida adaptándose con flexibilidade ás necesidades de conciliación das familias.

Co fin de garantir esta flexibilidade e permitir a organización adecuada do servizo, emítese a seguinte información para coñecemento dos pais/nais/titores dos/as usuarios/as da rede municipal de comedores escolares:

  • Os pais/nais/titores terán que escoller os horarios de recollida dos seus fillos/as conforme os horarios que se reflicten para o servizo de cada comedor na páxina conciliames.gal.

Poderanse escoller, dentro dos horarios existentes, unha hora distinta segundo o día da semana que se trate.

  • Os cambios nos horarios de recollida terán como único requisito que sexan dentro dos horarios existentes para cada curso. Deben facerse coa antelación suficiente e sempre que non afecten á organización do servizo, motivo polo que deberán ser comunicados vía whatssap á coordinadora do comedor.

 

  • No caso que por un motivo sobrevido (un accidente, un atasco, unha xuntanza de traballo inesperada, por exemplo) non sexa posible avisar con antelación suficiente por tratarse dun incidente que acontece no mesmo día, deberase avisar inmediatamente á coordinadora vía whatssap e para mais seguridade mediante unha chamada telefónica.

 

Incluso, nestes casos, si dito incidente impedira aos pais/nais/titores chegar a tempo para recoller ao neno/a na última saída do comedor, o/a neno/a quedaría no servizo de Tardes Divertidas como usuario ocasional podendo os pais/nais/titores xestionar o bono como usuario ocasional no servizo ao día seguinte de que acontezan os feitos.

 

  • Naqueles comedores que teñan servizo de autobús despois do comedor, no caso excepcional de que o neno/a chegue á parada correspondente e non haxa ninguén acreditado para recollelo, o neno/a volverá de volta ao centro escolar facéndose cargo da situación o servizo de Tardes Divertidas, que procedera a chamar aos pais/nais/titores do neno/a para informarlles da situación e, ao igual que acontece no caso anterior, o neno/a quedará no servizo de Tardes Divertidas ese día como un usuario ocasional podendo os pais/nais/titores xestionar o bono como usuario ocasional no servizo ao día seguinte de que acontezan os feitos. Rogamos máxima responsabilidade neste aspecto.

 

  • Prégase que os pais/nais/titores teñan os teléfonos operativos por si houbera algunha incidencia co seu fillo/a durante a duración do servizo de comedor.

Poden descargar o documento asinado no apartado de "DOCUMENTACIÓN"

Dirixido a:
Usuarios da Rede Municipal de Comedores Escolares de Ames
Ano:
2022
Share

Documentación