Organización recollida alumnos/as no servizo de comedor. Curso 22/23

Comedores escolares

Co fin de organizar as saídas de forma gradual, solicitamos que nos indique o horario de preferencia para recoller o seu fillo ou filla antes do inicio do curso (xoves día 8)

Horarios recollida por centro escolar

Moi importante:

  1. Fíxese no seu centro, na quenda do seu curso e nas opcións de saída.
  2. Presione sobre o nome de cada centro para seleccionar os horarios de recollida para os seus fillos ou fillas
  3. Solo estará activo para marcar a opción inicial, quedando deshabilitado o mércores 7 de setembro. Para modificar a opción, deben contactar cas coordinadoras.

    Os pais/nais/titores terán que escoller o horario de recollida dos seus fillos conforme os horarios que se reflicten para este servizo neste documento.

    Dáse a posibilidade de que dentro dos horarios de recollida existentes para un curso concreto se poidan facer cambios, pero só dentro deses horarios. Non se poderán solicitar horarios que non pertenezcan a un determinado curso salvo que se trate de necesidades médicas/terapéuticas debidamente acreditadas.
    Poderanse, incluso, escoller dentro dos horarios existentes un distinto segundo o día da semana de que se trate.

    Os cambios nos horarios de recollida terán como únicos requisitos que sexan dentro dos horarios existentes para cada curso, se fagan ca antelación suficiente e non afecten a organización do servizo, motivo polo que deberán ser comunicados telefonicamente á coordinadora do servizo.

 

EEI Milladoiro

 A Maía

Agro do Muíño

Barouta

Ventín

Dirixido a:
Alumnos/as matriculados no servizo de comedor no curso 2022/2023
Ano:
2022
Share