Aberto o prazo de inscrición para o Setembro Lúdico

Setembro lúdico

O prazo de INSCRICIÓN estará aberto do 9 de Xullo ao 23 de Xullo de 2021.

 

O Setembro Lúdico é unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar dos veciños e veciñas de Ames durante o período non lectivo do mes de setembro. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 1, 2, 3, 6, 7 e 8 de setembro. As normas de organización e funcionamento de dito programa están reguladas no “Regulamento dos programas lúdicos do Concelllo de Ames” publicado no BOP núm. 86, de 8 de maio de 2019.

O servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o curso 2020/2021 estiveran escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e Primaria.

Unha vez rematado o prazo de inscrición publicarase a lista de admitidos/as na que se indicarán os lugares das actividades por grupos nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello, do Pazo da Peregrina e da Oficina Municipal do Milladoiro. Tamén se publicarán na sección de Aviso da web municipal. Para máis información poden chamar ao departamento de Educación marcando o número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal.

 

 

Dirixido a:
Alumnado de educación infantil e primaria ( de 3 a 12 anos)
Ano:
2021
Share

Requisitos

  • Nenos/as escolarizados no 2º ciclo de educación infantil e primaria.
  • Unidade familiar empadroada no Concello de Ames.
  • Non ter débedas en período executivo coa facenda municipal.
  • Que os pais/nais, titores/as acrediten a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar.

Solicitude, preinscrición e matrícula

Os interesados/as deberán achegar a seguinte documentación coas solicitudes (salvo que xa obre en poder do departamento de Educación):

  • Copia auténtica ou cotexada do libro de familia.
  • Copia auténtica ou cotexada do DNI do titular da conta.
  • Documentación que indique a ocupación dos pais/nais, titores/titoras (certificados de traballo, e de ser o caso certificación de estar realizando cursos de formación ou calquera outra que especifique a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar).
  • De ser o caso, informe médico que acredite a necesidade de dieta ou calquera outro tipo de tratamento especial.
  • No caso de ruptura da unidade familiar, documentación que o xustifique.

Os pais/nais dos nenos/as que participen este ano no Setembro Lúdico deberán asinar unha declaración responsable antes de comezar o programa. Unha vez cuberta terán que entregarlla aos/ás coordinadores/as que haxa en cada lugar habilitado o primeiro día de inicio do programa.

Lugar de presentación de solicitudes:

  • Rexistro telemático a través da sede electrónica do Concello (https://sede.concellodeames.gal)
  • Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (Milladoiro e Bertamiráns) mediante solicitude de cita previa a través da sede electrónica do Concello de Ames (https://sede.concellodeames.gal)
  • Calquer outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de procedemento administrativo común das AAPP.