Aberto o proceso de matrícula dos servizos complementarios: Rede de Comedores, Bos días Cole, Tardes Divertidas

Bos Días Cole
Comedores escolares
Tardes divertidas

O prazo de MATRÍCULA estará aberto do 21 de Xuño ao 8 de Xullo de 2021 para os usuarios coas solicitudes admitidas nas listaxes de preinscrición.

O Concello de Ames abre o proceso de matrícula dos servizos complementarios: Rede de Comedores, Bos Días Cole e Tardes Divertidas, para o curso 2021-2022.

  • Deberán MATRICULARSE os nenos e as nenas de novo ingreso nestes servizos, que xa cursaran a solicitude de preinscrición no prazo fixado para este fin e que consten como admitidos/as na listaxe correspondente.
  • Os/as usuarios/as dos servizos complementarios durante o curso 2020-2021, que fixeran a RENOVACIÓN DE PRAZA para o curso 2021-2022 no prazo fixado para este fin, non deberán matricularse, pero si deberán comprobar que figuran nas listaxes de renovados de cada servizo sen ningunha incidencia ou erro que deba ser emendado.

Para realizar o trámite consulta nesta mesma páxina web o apartado "Pasos para facer a inscripción, renovación e matrícula" ou descarga o documento adxunto Información Trámite Matrícula.

 

Os servizos complementarios educativos do Concello de Ames son proxectos municipais que teñen dous obxectivos principais:

  • axudar á cidadanía a conciliar a vida laboral e familiar e
  • contribuír á educación en valores dos/as menores (hábitos saudables, tolerancia, convivencia...).

A atención dos nenos e nenas e a posta en marcha das actividades lévase a cabo mediante as empresas adxudicatarias da monitoraxe dos respectivos servizos.

Estes servizos ofértanse nas instalacións dos cinco centros de educación infantil e primaria públicos de Ames:

  • CEIP Agro do Muíño,
  • CEIP A Maía,
  • CEIP de Barouta,
  • CEP de Ventín,
  • EEI do Milladoiro, 
  • ademais os servizos de Bos Días e Comedor Escolar tamén se ofertan na EEI A Igrexa e EEI de Covas.

Bos días Cole

O servizo Bos Días Cole, dirixido aos máis madrugadores, está pensado para a atención dos nenos e nenas antes do inicio da xornada lectiva, a partir das 7:30 horas ata a hora de entrada nas aulas.

O/a usuario/a poderá escoller entre as dúas modalidades do servizo: "con almorzo" ou "sen almorzo".

Rede Municipal de Comedores Escolares

A Rede Municipal de Comedores Escolares do Concello de Ames é un proxecto no que o Concello asumiu, ademais da xestión, a elaboración da comida con persoal municipal, deste xeito garántese a calidade e o equilibrio nutricional dos menús e pódense integrar a todos os nenos e nenas con necesidades específicas en condicións de seguridade.

Tardes Divertidas

Trátase dunha oferta educativa e de ocio para permitir que os pais e nais concilien a súa vida laboral durante a tarde, unha vez rematado o servizo de comedor e ata as 21:00h.

Estes usuarios poden escoller entre as modalidades: "con merenda" ou "sen merenda".

Dirixido a:
Alumnado de educación infantil e primaria ( de 3 a 12 anos)
Ano:
2021
Share

Requisitos

Importante ter en conta:

  • Non matricular en prazo suporá a perda de praza.
  • É condición indispensable facer o pago das taxas para formalizar a matrícula.
  • Só se poden presentar copias autenticadas da documentación requerida.
  • Para a comprobación de datos tributarios dos membros da unidade familiar é necesario que todos os membros da unidade familiar maiores de idade asinen a autorización de solicitude de datos tributarios
  • Os arquivos presentados de forma telemática deberán vir firmados dixitalmente por todos os proxenitores.

Solicitude, preinscrición e matrícula

Para formalizar a matrícula os usuarios, con acceso a Internet, deben realizar os seguintes pasos: 

  • Paso 1: Acceder á intranet de ConciliAmes coa clave de usuario e contrasinal para consultar os datos existentes no Departamento de Educación.
  • Paso 2: Deberán dirixirse á solicitude de preinscrición e premer no botón MATRICULAR completando o formulario e procedendo a envialo.

Na intranet de ConciliAmes teñen á súa disposición unha calculadora para coñecer o custe deste servizo. Este cálculo é orientativo e quedará suxeito á comprobación do expediente por parte do Departamento de Educación.

No caso de non ter contrasinais de acceso a ConciliAmes poden rexistrarse ou solicitalas de novo desde este mesmo portal web. 

  • Paso 3: A continuación, liquidar as taxas de renovación da matrícula: Solicitar á Recadación Municipal, no enderezo electrónico ames@canaltributos.com,  autoliquidación de taxas para o(s) servizo(s) que vaia matricular (12,00 euros por servizo e neno/a).

É condición indispensable o pago das taxas para facer efectiva a matrícula.

  • Paso 4: por último, temos que imprimir, asinar e presentar a solicitude de matrícula en rexistro xunto coa documentación que non conste no Departamento de Educación ou que non estea debidamente actualizada:
    • Libro de familia. No caso de ruptura da unidade familiar, documentación onde se recollan as medidas de garda, custodia e alimentos.
    • Documento de identidade vixente do titular da conta bancaria indicada para a domiciliación dos recibos.
    • Tarxeta sanitaria do/a neno/a
    • Fotografía tamaño carnet do neno/a

Os usuarios poderán presentar a documentación a través de tres opcións:

  • Opción1: O rexistro telemático a través da sede electrónica do concello
  • Opción 2: Nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames ubicadas na casa do Concello en Bertamiráns e na oficina municipal do Milladoiro, con cita previa chamando aos números 881 074 710, 881 074 711
  • Opción 3: Calquera outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de Outubro de Procedemento Administrativo Común das Administración Públicas.

Sexa cal sexa a opción elixida das que se ofrecen, só se poden presentar copias auténticas da documentación requirida.

Para a comprobación de datos tributarios dos membros da unidade familiar é necesario que todos os membros da unidade familiar maiores de idade asinen a autorización de solicitude de datos tributarios á axencia tributaria do exercicio 2020, sinatura que no caso da opción 1 (rexistro telemático) terá que vir asinada electronicamente por todos os membros da unidade familiar maiores de idade salvo que, ao igual que nas outras dúas opcións, se presente unha copia auténtica de dita autorización na que figuren as anteriores sinaturas.

 

Faq's

Os/as usuarios/as que non dispoñan das ferramentas necesarias para acceder á Internet, teñen á súa disposición o persoal do Departamento de Educación, ben na oficina municipal do Milladoiro ou no Departamento de Educación en Bertamiráns, para realizar de forma conxunta este trámite, para o que deberán solicitar unha cita ao teléfono 981 891 476.

No caso de arquivos presentados de forma telemática deberán vir asinados dixitalmente por todos os proxenitores.