AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR- 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL - CURSO 2022/2023
Axudas
O xoves 29 de xuño do 2023 co número 123, saíu publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria de axudas, para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2022-2023). O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto do 30 de xuño ao 31 de xullo. A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 7.500 euros, sendo de 120 euros o importe máximo concedido por cada nena ou neno.
Poderá consultar as bases desta convocatoria de axudas, descargar o impreso de solicitude e o resto dos anexos, ao final da páxina no apartado “Documentación”
Dirixido a:
alumnado do segundo ciclo de educación infantil do curso 2022/2023
Ano:
2023