Entroido Lúdico 2024

Entroido Lúdico

A Concellaría de Educación pon en marcha o programa Entroido Lúdico 2024, dirixido aos rapaces e rapazas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria sempre e cando a totalidade da unidade familiar este empadroada no Concello de Ames.

 
Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 12,13 e 14 de febreiro de 2024.

O prazo de inscrición ábrese o 04/12/2023, e pechará o 20/12/2023.
Os interesados/as deberán entregar cubertos os anexos que figuran xunto con este anuncio, sendo obrigatorio entregar, en todo caso, debidamente cubertos o anexo I e o anexo II. En relación ao anexo III só será necesario entregalo naqueles casos nos que non se houbera solicitado con anterioridade a bonificación de taxas para calquera dos programas de educación no curso 2023/2024.
Toda a documentación deberá presentarse a través da Sede electrónica do Concello de Ames, das Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns) ou a través de calquer outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do procedemento administrativo común das AAPP.

Unha vez rematado o prazo de inscrición publicarase a lista provisional de admitidos/as e excluídos na sección de Avisos da web municipal e na páxina https://www.conciliames.gal tendo un prazo de 10 días para a subsanación de documentación naqueles casos nos que sexa preciso. Para máis información poden chamar ao departamento de Educación marcando o número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal.
Dirixido a:
Nenos e nenas que cursen o 2º ciclo de educación infantil e educación primaria
Número de prazas:
30 para cada centro e ciclo (estimadas)
Ano:
2024
Share