ENTROIDO LÚDICO 2025

Entroido Lúdico

A Concellaría de Educación pon en marcha o programa Entroido Lúdico 2025, dirixido ós rapaces e ás rapazas escolarizados/as no segundo ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria sempre e cando a totalidade da unidade familiar estea empadroada no Concello de Ames.

Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.

Os interesados/as deberán entregar cubertos os anexos que figuran no apartado "Documentación", sendo obrigatorio entregar, en todo caso, debidamente cubertos o anexo I e o anexo II.

En relación ao anexo III só será necesario entregalo naqueles casos nos que non se solicitara con anterioridade a bonificación de taxas para calquera dos programas de Educación no curso 2024/2025.

Toda a documentación deberá presentarse a través da Sede electrónica do Concello de Ames, das Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames  (Milladoiro e Bertamiráns) ou a través de calquer outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do procedemento administrativo común das AAPP.

Unha vez rematado o prazo de inscrición publicarase a lista provisional de admitidos/as e excluídos na sección de Avisos da web municipal e na páxina https://www.conciliames.gal tendo un prazo de 10 días para a subsanación de documentación naqueles casos nos que sexa preciso. Para máis información poden chamar ao departamento de Educación marcando o número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal.

Dirixido a:
Nenos e nenas que cursen o 2º ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria
Ano:
2025
Share

Requisitos

Rapaces e rapazas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria.

Unidade familiar empadroada (na súa totalidade) no Concello de Ames.

Estar ao día no pagamento dos distintos servizos ofertados polo Concello de Ames en xeral, non ter débedas pendentes do pagamento do Concello.

Cumprir os trámites, prazos e requisitos precisos para a utilización do servizo.

Solicitude, preinscrición e matrícula

*Documentación a achegar coas solicitudes*
Os interesados/as deberán achegar a seguinte documentación cos anexos de solicitude:
-Copia do libro de familia.
-Copia do DNI do titular da conta.
-Documentación que indique a ocupación dos pais/nais, titores/titoras (certificados de traballo, e de ser o caso certificación de estar a realizar cursos de formación ou calquera outra que especifique a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar).
-De ser o caso, informe médico que acredite a necesidade de dieta ou calquera outro tipo de tratamento especial.
-No caso de ruptura da unidade familiar, documentación que o xustifique.