Escola de Verán 2025

Escola de Verán

A Escola de Verán é unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar dos veciños e veciñas de Ames durante o período non lectivo de verán, entre o 1 de xullo de 2025 ata o 31 de agosto de 2025.

As normas de organización e funcionamento de dito programa están reguladas no “Regulamento da escola de Verán do Concello de Ames publicado no BOP núm. 243, de 26 de decembro de 2022.

O servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estean escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e Primaria.

O prazo de inscrición estará aberto desde o 02.05.2025 ata o 16.05.2025, ámbolos dous días incluídos.

Cartel EV-2025

Lugares habilitados:

Milladoiro:

Escola de Educación Infantil de Milladoiro: para os/as alumnos/as escolarizados/as durante o curso 2024/2025 nalgún dos niveles do segundo ciclo de educación infantil.

CEP de Ventín: para os/as alumnos/as escolarizados/as durante o curso 2024/2025 nalgún dos niveles de educación primaria.

Bertamiráns:

CEIP de Maía: para os/as alumnos/as escolarizados/as durante o curso 2024/2025 nalgún dos niveles do segundo ciclo de educación infantil ou educación primaria.

 

RECOMENDACIÓNS XERAIS

Non poderán participar na Escola de Verán 2025 o/a neno/a:

Se ten febre, diarrea, vómitos, piollos, ou outras enfermidades contaxiosas.

- Os nenos e nenas deberán traer unha mochila ou bolsa que permita meter todas as súas pertenzas, unha botella de auga e algo para merendar a media mañá.

- As zonas onde se fai o lavado de mans estará dotadas de xabón e toallas de papel. Levarase a cabo unha hixiene de mans frecuente con auga e xabón e realizarase antes e despois das comidas e despois de ir ao lavabo.

- Utilizaranse desinfectantes con actividade virucida autorizados e rexistrado polo Ministerio de Sanidade, respectando as indicacións da etiqueta para limpar as superficies.

- Non está permitido traer xoguetes ou calquera outro obxecto de xogo da casa.

Dirixido a:
nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estean escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e Primaria
Número de prazas:
Consultar "Decreto prazas e organización"
Ano:
2025
Share

Requisitos

- Os nenos/as para os que se solicita o programa deberán pertencer a unha unidade familiar empadroada na súa totalidade no Concello de Ames, no momento de presentar a solicitude.
- Acreditar a necesidade de conciliación de vida laboral e familiar por un ou ambos proxenitores/titores.
- Que a unidade familiar estea ao día no pagamento de todos os servizos ofertados polo Concello de Ames, e en xeral, non ter débedas co Concello; a excepción dos casos informados polos Servizos Sociais Municipais como Emerxencia Social.

Solicitude, preinscrición e matrícula

Cubrir o impreso de inscrición, que poderá descargalo nesta páxina seleccionando os ficheiros "Inscrición-Anexo I", "Inscrición-Anexo II", "Inscrición-Anexo III" e, de ser o caso, "Bonificación de taxas-Anexo IV" no apartado de documentación; solicitandoo no Departamento de Educación (Pazo da Peregrina - Bertamiráns) ou mediante correo electrónico a educacion@concellodeames.gal.

Presentar en calquera rexistro do concello en horario de 9:00 a 14h. de luns a venres, a través do rexistro telemático na sede electrónica do Concello (https://sede.concellodeames.gal/) ou no rexistro de calquera Administración Pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR), a solicitude de inscrición e o mandato SEPA, debidamente cubertos e asinados.

Esta solicitude deberá vir acompañada dos documentos seguintes:
2. Libro de familia completo*.
3. Documento de Identidade da persoa titular da conta**
4. Documentación que indique a ocupación dos pais/nais, titores/titoras: certificados de traballo, e de ser o caso certificación de estar realizando cursos de formación ou calquera outra que especifique a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar.
5. De ser o caso, informe médico que acredite a necesidade de dieta ou calquera outro tipo de tratamento especial

* O libro de familia só se entregará nos casos en que non se tivese presentado no Departamento de Educación, ou se producise algún cambio na situación familiar.
* No caso de ruptura da unidade familiar, deberá traer a documentación que o xustifique.
** O D.I. só se entregará nos casos en que non se tivese presentado no Departamento de Educación.

Faq's

Na Ordenanza fiscal Servizos Complementarios que pode consultar no apartado "Documentación", existe unha táboa de prezos segundo a renda per cápita da unidade familiar do ano 2023 e a frecuencia de uso.

Pode solicitar o programa para os seguintes períodos:

  • 2 meses completos
  • 1 mes completo
  • 1 quincena completa de 1 ou dos dous meses.

Os arquivos presentados mediante rexistro telemático deberán traer as firmas dixitais de todos os membros maiores de idade que sexan requiridos en cada impreso.

Poderá acudir de lúns a venres (excepto festivos) en horario de 09:00 a 14:00 horas sen cita previa ou solicitala na https://sede.concellodeames.gal/GDCarpetaCiudadano/welcome.do