LISTAS DE ADMITIDOS (NOVOS USUARIOS) EN BOS DÍAS COLE, COMEDOR E TARDES DIVERTIDAS. CURSO 2023/2024

Bos Días Cole
Comedores escolares
Tardes divertidas

As persoas que solicitaron unha nova praza para o curso 2023/2024 en Bos Días Cole, Comedor Escolar ou Tardes Divertidas, dentro do prazo de preinscrición (mes de marzo), poden consultar as listaxes publicadas no apartado de "documentación" para saber se as súas solicitudes foron admitidas nos servizos de Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas.

O seguinte trámite que deben cumprir, é xerar a matrícula e a solicitude de bonificación se procede (accedendo nesta web co seu usuario e contrasinal ou pedindo cita no Departamento de Educación 981 891 476), solicitar a(s) autoliquidación(s) de taxas de matrícula en ames@canaltributos.com (ás persoas que vaian ao Departamento de Educación, xa se lles facitita alí), facer o pago e presentar a solicitude de matrícula correctamente firmada mediante rexistro.

PRAZO DE MATRÍCULA: DO 27 DE XUÑO AO 13 DE XULLO

IMPORTANTE: NON MATRICULAR EN PRAZO, SUPORÁ A PERDA DA PRAZA

Dirixido a:
SOLICITANTES DE BOS DÍAS COLE, COMEDOR E TARDES DIVERTIDAS PARA O CURSO 2023/2024
Ano:
2023
Share