LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS EN ESCOLA DE VERÁN 2025
Todos os nenos e as nenas que solicitaron praza en Escola de Verán 2025 dentro do prazo establecido (do 2 a o 16 de maio de 2025), deben consultar as listas de admitidos e excluídos no apartado de "Documentación", para coñecer o estado da súa solicitude.
Deberá localizar o número asignado no rexistro no momento da presentación e se aparece como "Excluído", ten ata o 19 de xuño do 2025 para emendar a solicitude.
O prazo de emenda é de 5 días hábiles según establece o decreto da alcaldía nº 1802/2025
Por outra banda, se a solicitude foi presentada fóra do prazo (do 17 de maio en diante) e no caso de dispor de praza, comunicarase mediante e-mail ou teléfono dende o Departamento de Educación.
Se na listaxe indica que ten débeda en executiva, a continuación indicamos os teléfonos para consultar e solucionar a incidencia:
Deputación da Coruña: 900.132.204
Recadación municipal: 981.88.48.96
Espina & Delfín: 981.89.07.76
Se indica que está excluído por non ter xustificada a necesidade de conciliar, poderá presentala no prazo de emenda (ata o 19 de xuño do 2025)