LISTAXES DE RENOVACIÓNS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS EN BOS DÍAS COLE, COMEDOR E TARDES DIVERTIDAS. CURSO 2023/2024

Bos Días Cole
Comedores escolares
Tardes divertidas

Listaxes de solicitudes admitidas e excluídas dos nenos e nenas que renovaron as prazas de Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas para o próximo curso 2023/2024.

Para comprobar a súa renovación debe localizar o número de rexistro que lle foi asignado no momento da presentación, na lista do servizo que renovou.

As solicitudes non admitidas, poderán emendar solucionando o indicado e presentando a xustificación da emenda mediante rexistro.

Todas aquelas solicitudes non admitidas que non emenden antes do 1 de setembro, perderán a praza.

Os teléfonos para información das débedas en executiva son os seguintes:
DEPUTACIÓN: 900 132 204     GTT: 981884 896      ESPINA & DELFÍN: 981 890 776

Dirixido a:
USUARIOS DE BOS DÍAS COLE, COMEDOR E TARDES DIVERTIDAS QUE PRESENTARON A SOLICITUDE DE RENOVACIÓN NO MES DE MARZO
Ano:
2023
Share

Documentación

BOS DÍAS COLE462.61 KBCOMEDOR586.2 KBTARDES DIVERTIDAS433.21 KBREGULAMENTO584.42 KB

Faq's

Deberá solicitar a autoliquidación de taxas de renovación nas oficinas de Recadación, no correo electrónico ames@canaltributos.com ou obtela directamente na Oficina Virtual Tributaria. As oficinas de recadación atópanse en Bertamiráns na praza da Horta de Abaixo, número 6; e no Milladoiro están situadas na rúa Viorneira, número 6.

Unha vez pagadas as taxas, deberá presentar o xustificante de pago no rexistro indicando o nome do neno/a da solicitude de renovación que desexa emendar.