NADAL LÚDICO 2025

Nadal Lúdico

O luns 13 de outubro abre o prazo para presentar as solicitudes de inscrición no programa Nadal Lúdico 2025 que permanecerá aberto ata o 27 de outubro.

O Nadal Lúdico é unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar dos veciños e veciñas de Ames durante as vacacións escolares de Nadal, concretamente para o curso 2025/2026, os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro e os días 2, 5, e 7 de xaneiro. As normas de organización e funcionamento de dito programa están reguladas no "Regulamento de funcionamento dos programas lúdicos do Concello de Ames" publicado no BOP num.243 de 26 de decembro do 2022.

O servizo está dirixido a nenos e nenas de Ames que no curso 25/26 estean escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e Primaria.

Lugares habilitados para o desenvolvemento do programa:

Milladoiro:

Escola de Educación Infantil de Milladoiro: para os/as alumnos/as escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil

CEP Ventín: para os/as alumnos/as matriculados/as nalgún dos niveles de Educación Primaria.

Bertamiráns:

CEIP A Maía: para os/as alumnos/as escolarizados no segundo ciclo de Educación infantil e Educación primaria

 

Os interesados deberán cubrir o impreso de inscrición , que poderá facelo nesta páxina seleccionando os ficheiros "Anexo I", "Anexo II", e de ser o caso "Anexo III" no apartado Documentación; descargando o arquivo, solicitandoo no Departamento de Educación (Pazo da Peregrina - Bertamiráns) ou mediante correo electrónico educación@concellodeames.gal.

Presentar en calquera rexistro do Concello en horario de 9:00 - 14:00h de luns a venres, a través do rexistro telemático na sede electrónica do Concello (https://sede.concellodeames.gal/es) ou calquera outro rexistro ao que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015 de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das AAPP, a solicitude e resto de documentos:

1.- Anexo I - Inscrición Nadal Lúdico 2025.

2.- Anexo II - Domiciliación recibo.

3.- Libro de familia completo.*

4.- Documento de identidade da persoa titular da conta.**

5.- Documentación que indique a ocupación dos pais/nais, titores/titoras: certificados de traballo, e de ser o caso certificación de de estar a realizar cursos de formación ou calquera outra que especifique a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar.

6.- De ser o caso informe médico que acredite a necesidade de dieta ou calquera outro tipo de tratamento especial.

7.- De ser o caso,  Anexo III debidamente cuberto e asinado xunto coa documentación que corresponda.

* O libro de familia só se entregará nos casos en que non estivese presentado no Departamento de Educación ou se producise algún cambio na situación familiar.

* No caso de ruptura da unidade familiar deberá presentar a documentación que o xustifique.

** O DI, só se entregará nos casos nos casos en que non se estivese presentado no Departamento de Educación e que continúe vixente

Dirixido a:
Nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria
Ano:
2025
Share

Requisitos

- Os/as nenos/as para os que se solicita o programa, deberán pertencer a unha unidade familiar empadroada na súa totalidade no Concello de Ames no momento de presentar a solicitude.

- Acreditar a necesidade de conciliación de vida laboral e familiar por un ou ambos proxenitores/titores.

- Que a unidade familiar estea ao día no pagamento de todos os servizos ofertados polo Concello de Ames, e en xeral, non ter débedas có Concello; a excepción dos casos informados polos Servizos Sociais Municipais como Emerxencia Social

Solicitude, preinscrición e matrícula