Novos Usuarios - Listaxe de solicitudes presentadas para Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas para o curso 2024/2025
Prazo de reclamacións e emendas do 4 ao 17 de xuño de 2024.
Os solicitantes de novas prazas para o curso 2024/2025 que presentaron a preinscrición dentro do prazo (do 1 de marzo ao 1 de abril), deben consultar as listaxes no apartado de "Documentación" localizando a solicitude polo número de rexistro asignado no momento da súa presentación.
Nas listas de Bos Días Cole e Tardes Divertidas, poderán comprobar se teñen algunha incidencia, dispoñendo do prazo de 10 días hábiles para emendar a solicitude.
Nas listas de Comedor, ademáis das incidencias da solicitude, verá a asignación da puntuación outorgada según o TEXTO REFUNDIDO DO REGULAMENTO DA REDE MUNICIPAL DE COMEDORES ESCOLARES, BOS DÍAS COLE E TARDES DIVERTIDAS DO CONCELLO DE AMES, publicado no BOP nº 88 do 10 de maio do 2023. Igualmente dispoñen do prazo de 10 días hábiles para emendar a solicitude ou reclamar a puntuación outorgada.