Renovación e preinscrición en Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas. Curso 2024/2025
O Concello de Ames abre os procesos de preinscrición e renovación dos servizos complementarios: Rede Municipal de Comedores Escolares, Bos Días Cole e Tardes Divertidas para o curso 2024-2025
Deberán preinscribirse os nenos e as nenas de novo ingreso e os que non estiveran dados de alta nos servizos durante o prazo de renovación.
Deberán renovar aqueles que estean dados de alta nos servizos durante o prazo de renovación e queiran volver a facer uso dos mesmos no curso 2024-2025
O prazo para poder facer esta xestión está aberto dende o 1 de marzo ao 1 de abril. Posteriormente, abrirase un prazo para formalizar a matrícula dos preinscritos aceptados.
A tramitación das solicitudes de preinscrición, da renovación e, de ser o caso, de bonificación de taxas pódese realizar a través desta páxina premendo no botón “Inicia sesión” si xa ten conta, ou no botón “Crear conta” se todavía non a ten.
Unha vez feita a preinscrición ou renovación haberá que xerar un pdf co impreso de solicitude, asinalo dixitalmente (todos os membros maiores de idade da unidade familiar) e presentalo a través do Rexistro telemático da Sede electrónica. Outra opción é imprimilo en papel, firmalo manualmente e presentalo nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames, situadas na Casa do Concello, en Bertamiráns; ou na Oficina municipal do Milladoiro.
Por último, tamén se pode presentar o impreso de solicitude en calquera outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de Outubro de Procedemento Administrativo Común das AAPP.
A aplicación para xerar as solicitudes de renovación e preinscrición online para os servizos complementarios de educación e conciliación é o mesmo que se empregou nos últimos anos. As persoas que xa empregaron este servizo anteriormente non teñen que volver a darse de alta. No caso de non ter ou non recordar as claves de acceso poderá solicitalas desde a mesma páxina. Os novos usuarios/as deben premer na ligazón de crear conta. Despois xa se poderá iniciar sesión para facer as xestións que se estimen oportunas. O/as usuarios que non dispoñan de acceso a internet, poderán solicitar unha cita no Departamento de Educación chamando ao número 981 891 476.
No caso da preinscrición na REDE MUNICIPAL DE COMEDORES ESCOLARES, deberán achegar o formulario de baremación e a documentación necesaria para a valoración, xunto coa solicitude.
(¡¡IMPORTANTE!! Para a súa validez e toma en consideración as solicitudes deben rexistrarse)
Ademais, os usuarios/as dispoñen dun simulador de cotas. Este cálculo será orientativo, suxeito á comprobación do expediente por parte do departamento de Educación.
Requisitos
Solicitude, preinscrición e matrícula
Documentación
Faq's
Solicitar á Recadación Municipal, no enderezo electrónico ames@canaltributos.com
Na Ordenanza fiscal Servizos Complementarios que pode consultar no apartado "Documentación", existe unha táboa de prezos segundo a renda per cápita da unidade familiar do ano 2023 e a frecuencia de uso.
Os arquivos presentados mediante rexistro telemático deberán traer as firmas dixitais de todos os membros maiores de idade que sexan requiridos en cada impreso.
Neste momento xa non se dan citas previas nas oficinas de rexistro do Concello de Ames
Poderá acudir de lúns a venres (excepto festivos) en horario de 09:00 a 14:00 horas