Selección de horarios de recollida dos nenos e nenas nos diferentes comedores escolares / Curso 2021-2022

Comedores escolares

Co fin de organizar as saídas de forma gradual como marcan os protocolos, solicitamos que nos indique o horario de preferencia para recoller o seu fillo ou filla.

Moi importante:

  1. Fíxese no seu centro, na quenda do seu curso e nas opcións de saída.
  2. Presione sobre o título de cada centro para seleccionar os horarios de recollida para os seus fillos ou fillas:

A Maia:

Horarios comedor A Maía

 

Barouta:

Horarios comedor Barouta

 

Agro:

Horarios comedor Agro

 

Milladoiro:

Horarios comedor Milladoiro

 

Ventín: 

Horarios comedor Ventin

 

Dirixido a:
Alumnado de educación infantil e primaria ( de 3 a 12 anos)
Ano:
2021
Share

Requisitos

  • Os pais/nais/titores terán que escoller o horario de recollida dos seus fillos conforme os horarios que se reflicten para este servizo neste documento.
  • Estes horarios establécense coa finalidade de que os grupos non se mesturen entre si, motivo polo que se deberá acoller a un dos horarios de recollida dos que hai estipulado para cada curso concreto.
  • Dáse a posibilidade de que dentro dos horarios de recollida existentes para un curso concreto se poidan facer cambios, pero só dentro deses horarios. Non se poderán solicitar horarios que non pertezan a un determinado curso salvo que se trate de necesidades médicas/terapéuticas debidamente acreditadas. Poderanse, incluso, escoller dentro dos horarios existentes un distinto segundo o día da semana de que se trate.
  • A solicitude destes horarios deberase facer a través da web www.conciliames.gal premendo no botón “cambio horario de recollida en comedor”. Para modificar ou solicitar o horario de recollida dos nenos e nenas no servizo de comedor escolar, deberase solicitar premendo no enlace correspondente ao colexio.
  • Os cambios nos horarios de recollida terán como únicos requisitos que sexan dentro dos horarios existentes para cada curso, se fagan ca antelación suficiente e non afecten a organización do servizo, motivo polo que deberán ser comunicados telefonicamente á coordinadora do servizo.
  • Para a recollida, os monitores encargaranse de ir recollendo aos nenos polos distintos grupos e trasladaranos ás portas correspondentes nos horarios de recollida dos nenos/as. O traslado á porta farase de tal xeito que os nenos dos distintos grupos manteñan a distancia de 1,5 metros.