SETEMBRO LÚDICO 2025

Setembro lúdico

O Setembro Lúdico é unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar dos veciños e veciñas de Ames durante o período non lectivo do mes de setembro, concretamente para o ano 2025, do 1 ó 5 de setembro de 2025. As normas de organización e funcionamento de dito programa están reguladas no “Regulamento de funcionamento dos programas lúdicos do Concello de Ames” publicado no BOP núm. 243, de 26 de decembro de 2022.

 

O servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estean escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e Primaria.

Non poderán participar os/as nenos/as que vaian cursar 4º de Educación Infantil no curso 25/26 nin os/as nenos/as que vaian cursar ESO no curso 25/26.

Dirixido a:
Nenos e nenas que no curso 2025/2026 cursen EDUCACIÓN PRIMARIA OU 5º e 6º de EDUCACIÓN INFANTIL
Ano:
2025
Share

Requisitos

-Os nenos/as para os que se solicita o programa deberán pertencer a unha unidade familiar empadroada na súa totalidade no Concello de Ames, no momento de presentar a solicitude.
- Acreditar a necesidade de conciliación de vida laboral e familiar por un ou ambos proxenitores/titores.
- Que a unidade familiar estea ao día no pagamento de todos os servizos ofertados polo Concello de Ames, e en xeral, non ter débedas co Concello

Solicitude, preinscrición e matrícula

Os interesados/as deberán entregar cubertos os anexos que figuran no apartado "Documentación", sendo obrigatorio entregar en todo caso debidamente cubertos os anexos I e II,  o anexo III (se procede).

Presentar en calquera rexistro do concello en horario de 08:30 a 13:00h (Milladoiro) e de 08:30 a 13:30h (Bertamiráns)  de luns a venres, a través do rexistro telemático na sede electrónica do Concello (https://sede.concello.gal/es) ou no rexistro de calquera Administración Pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR), a solicitude de inscrición e o mandato SEPA, debidamente cubertos e asinados dentro do prazo (do 1 ao 15 de xullo)

*Documentación a achegar coas solicitudes*
Os interesados/as deberán achegar a seguinte documentación cos anexos de solicitude:
-Libro de familia ou inscrición de nacemento dos/das fillos/as.
-DNI do titular da conta.
-Documentación que indique a ocupación dos pais/nais, titores/titoras (certificados de traballo, e de ser o caso certificación de estar a realizar cursos de formación ou calquera outra que especifique a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar).
-De ser o caso, informe médico que acredite a necesidade de dieta ou calquera outro tipo de tratamento especial.
-No caso de ruptura da unidade familiar, documentación que o xustifique.