AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Axudas

O venres 31 de maio do 2024 co número 105, saíu publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria de axudas, para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2023-2024).
 

A finalidade destas axudas é a de propiciar que a poboación escolar integrada en familias veciñas de Ames con menos recursos, disponga do material educativo preciso para o normal desarrollo do seu aprendizaxe, centrando o esforzo presupuestario na educación infantil, por non estar cuberta esta franxa de idade pola Xunta de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto do 1 de xuño ata o 1 de xullo. A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 7.500 euros, sendo de 120 euros o importe máximo concedido por cada nena ou neno.

Dirixido a:
Familias de Ames con nenos e/ou nenas matriculados no 2º ciclo de infantil no curso 2023/2024
Ano:
2024
Share

Requisitos

Poderán ser beneficiarios/as das subvencións obxecto da presente convocatoria os pais e nais -ou titores legais- dos
nenos e nenas matriculados no curso escolar 2023/2024 nun centro de ensino sostido con fondos públicos, no nivel de
Educación Infantil (2ª Etapa, de 3 a 5 anos).
Os solicitantes deberán cumprir, ademais dos requisitos recollidos nos artigos 13 da LGS e 10 da LSGA, o que de
sucesivo se relacionan:
a) A unidade familiar deberá estar empadroada e residir de modo efectivo no Concello de Ames no momento da
solicitude.
b) As/os alumnas/os para os que se solicita as axudas deben estar matriculados no curso escolar 2023/2024 en
centros de ensino sostidos con fondos públicos no nivel de Educación Infantil (2ª Etapa, de 3 a 5 anos).
c) A renda per cápita da unidade familiar, computando os ingresos percibidos por todos os seus integrantes no exercicio
fiscal 2022, non pode ser superior ao 100 % do IPREM anual con pagas extraordinarias. O IPREM anual (14 pagas) fixado
para o exercicio 2022 é de 8.106,28 €.
Para a determinación da renda per cápita sumaranse os ingresos anuais de todos os membros da unidade familiar
maiores de idade, e dividirase entre o número de membros que formen a unidade familiar.

Poderá consultar as bases desta convocatoria de axudas, descargar o impreso de solicitude e o resto dos anexos, ao final da páxina no apartado “Documentación”