SETEMBRO LÚDICO 2024

Setembro lúdico

O Setembro Lúdico é unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar dos veciños e veciñas de Ames durante o período non lectivo do mes de setembro, concretamente para o ano 2024, do 2 ata o 10 de setembro de 2024. As normas de organización e funcionamento de dito programa están reguladas no “Regulamento de funcionamento dos programas lúdicos do Concello de Ames” publicado no BOP núm. 243, de 26 de decembro de 2022.

O servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estean escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e Primaria, agás os nenos e nenas de 3 anos que deban realizar o período de adaptación.

 

Lugares habilitados para o desenvolvemento do programa:

Milladoiro

Escola de Educación Infantil de Milladoiro: para os/as alumnos/as escolarizados para o curso 2023/2024 nalgún dos niveis do segundo ciclo de educación infantil.

CEP de Ventín: para os/as alumnos/as matriculados/as durante o curso 2023/2024 nalgún dos niveis de educación primaria agás os nenos e nenas que remataran a etapa de primaria.

Bertamiráns

CEIP de Maía: para os/as alumnos/as escolarizados durante o curso 2023/2024 nalgún dos niveis do segundo ciclo de educación infantil e educación primaria, agás os nenos e nenas que remataran a etapa de primaria.

Dirixido a:
Nenos e nenas que no curso 2024/2025 cursen EDUCACIÓN PRIMARIA OU 5º e 6º de EDUCACIÓN INFANTIL
Ano:
2024
Share

Requisitos

- Os nenos/as para os que se solicita o programa deberán pertencer a unha unidade familiar empadroada na súa totalidade no Concello de Ames, no momento de presentar a solicitude.
- Acreditar a necesidade de conciliación de vida laboral e familiar por un ou ambos proxenitores/titores.
- Que a unidade familiar estea ao día no pagamento de todos os servizos ofertados polo Concello de Ames, e en xeral, non ter débedas co Concello; a excepción dos casos informados polos Servizos Sociais Municipais como Emerxencia Social.

Solicitude, preinscrición e matrícula

Cubrir o impreso de inscrición (anexos I e II (obrigatorios), e o anexo III (se procede), que poderá cubrilos nesta páxina seleccionando os ficheiros no apartado de documentación; descargando os arquivos; solicitandoos no Departamento de Educación (Pazo da Peregrina - Bertamiráns) ou mediante correo electrónico a educacion@concellodeames.gal.

Presentar en calquera rexistro do concello en horario de 08:30 a 13:30 horas de luns a venres, a través do rexistro telemático na sede electrónica do Concello (https://sede.concello.gal/es) ou no rexistro de calquera Administración Pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR), a solicitude de inscrición e o mandato SEPA, debidamente cubertos e asinados dentro do prazo (do 1 ao 15 de xullo).

Esta solicitude deberá vir acompañada dos documentos seguintes:

2. Libro de familia completo*

3. Documento de
2. Libro de familia completo*.
3. Documento de Identidade da persoa titular da conta**
4. Documentación que indique a ocupación dos pais/nais, titores/titoras: certificados de traballo, e de ser o caso certificación de estar realizando cursos de formación ou calquera outra que especifique a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar.
5. De ser o caso, informe médico que acredite a necesidade de dieta ou calquera outro tipo de tratamento especial

* O libro de familia só se entregará nos casos en que non se tivese presentado no Departamento de Educación, ou se producise algún cambio na situación familiar.
* No caso de ruptura da unidade familiar, deberá traer a documentación que o xustifique.
** O D.I. só se entregará nos casos en que non se tivese presentado no Departamento de Educación.