Prescrición e renovación de Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas. Curso 2025/2026
O Concello de Ames abre os procesos de preinscrición e renovación dos servizos complementarios: Rede Municipal de Comedores Escolares, Bos Días Cole e Tardes Divertidas para o curso 2025/2026.
Deberán preinscribirse os nenos e as nenas de novo ingreso e os que non estiveran dados de alta nos servizos durante o prazo de renovación.
Deberán renovar aqueles que estean dados de alta nos servizos durante o prazo de renovación e queiran volver a facer uso dos mesmos no curso 2025/2026
O prazo para poder facer esta xestión está aberto dende o 1 de marzo ao 31 de marzo Posteriormente, abrirase un prazo para formalizar a matrícula dos preinscritos aceptados.
A tramitación das solicitudes de preinscrición, da renovación e, de ser o caso, de bonificación de taxas pódese realizar a través desta páxina premendo no botón “Inicia sesión” si xa ten conta, ou no botón “Crear conta” se todavía non a ten.
Unha vez feita a preinscrición ou renovación haberá que xerar un pdf co impreso de solicitude, asinalo dixitalmente (todos os membros maiores de idade da unidade familiar) e presentalo a través do Rexistro telemático da Sede electrónica. Outra opción é imprimilo en papel, firmalo manualmente e presentalo nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames, situadas na Casa do Concello, en Bertamiráns; ou na Oficina municipal do Milladoiro.
Por último, tamén se pode presentar o impreso de solicitude en calquera outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de Outubro de Procedemento Administrativo Común das AAPP.
A aplicación para xerar as solicitudes de renovación e preinscrición online para os servizos complementarios de educación e conciliación é o mesmo que se empregou nos últimos anos. As persoas que xa empregaron este servizo anteriormente non teñen que volver a darse de alta. No caso de non ter ou non recordar as claves de acceso poderá solicitalas desde a mesma páxina. Os novos usuarios/as deben premer na ligazón de crear conta. Despois xa se poderá iniciar sesión para facer as xestións que se estimen oportunas. O/as usuarios que non dispoñan de acceso a internet, poderán solicitar unha cita no Departamento de Educación chamando ao número 981 891 476.
No caso da preinscrición na REDE MUNICIPAL DE COMEDORES ESCOLARES, deberán achegar o formulario de baremación e a documentación necesaria para a valoración, xunto coa solicitude.
(¡¡IMPORTANTE!! Para a súa validez e toma en consideración as solicitudes deben rexistrarse)
Ademais, os usuarios/as dispoñen dun simulador de cotas. Este cálculo será orientativo, suxeito á comprobación do expediente por parte do departamento de Educación.