AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DESTINADAS A ALUMNADO DE 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL - CURSO 2024/2025

Axudas

O mércores 16 de xullo de 2025 saiu publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) número 134 a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinada ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil no curso 2024/2025.

A finalidade destas axudas é a de propiciar que a poboación escolar integrada en familias veciñas de Ames con menos recursos, dispoña do material educativo preciso para o normal desarrollo do seu aprendizaxe, centrando o esforzo presupuestario na educación infantil, por non estar cuberta esta franxa de idade pola Xunta de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto do 17 de xullo ata o 18 de agosto. A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 7.500 €, sendo de 120 € o importe máximo concedido por cada nena ou neno.

Poderán ser beneficiarios/as das subvencións obxecto da presente convocatoria os pais e nais -ou titores legais- dos nenos e nenas que estiveran matriculados no curso escolar 2024/2025 nun centro de ensino sostido con fondos públicos, no nivel de Educación Infantil (2ª Etapa, de 3 a 5 anos).
 
Os solicitantes deberán cumprir, ademais dos requisitos recollidos nos artigos 13 da LGS e 10 da LSGA, o que de sucesivo se relaciona:
a) A unidade familiar deberá estar empadroada e residir de modo efectivo no Concello de Ames no momento da solicitude.
b) As/os alumnas/os para os que se solicita a axuda deberon estar matriculados no curso escolar 2024/2025 en centros de ensino sostidos con fondos públicos no nivel de Educación Infantil (2ª Etapa, de 3 a 5 anos).
c) A renda per cápita da unidade familiar, compuntando os ingresos percibidos por todos os seus integrantes no exercicio fiscal 2023 non pode ser superior ao 100% do IPREM anual con pagas extraordinarias. O IPREM anual (14 pagas) para o exercicio 2023 é de 8.400 €. Para a determinación da renda per cápita sumaranse os ingresos anuais de todos os membros da unidade familiar maiores de idade, e dividirase entre o número de membros que formen a unidade familiar.
 
Poderá consultar as bases desta convocatoria de axudas, descargar o impreso de solicitude e o resto dos anexos ao final da páxina, no apartado "Documentación".

 

Dirixido a:
Familias de Ames con nenos e/ou nenas matriculados no 2º ciclo de infantil no curso 2024/2025.
Ano:
2025
Share