NADAL LÚDICO 2026
A Concellaría de Educación pon en marcha o programa Nadal Lúdico 2026, dirixido ós rapaces e ás rapazas escolarizados/as no segundo ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria sempre e cando a totalidade da unidade familiar estea empadroada no Concello de Ames.
Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2026 e os días 4, 5 e 7 de xaneiro de 2027
Os interesados/as deberán entregar cubertos os anexos que figuran no apartado "Documentación", sendo obrigatorio entregar, en todo caso, debidamente cubertos o anexo I e o anexo II.
En relación ao anexo III só será necesario entregalo naqueles casos nos que non se solicitara con anterioridade a bonificación de taxas para calquera dos programas de Educación no curso 2026/2027.
Toda a documentación deberá presentarse a través da Sede electrónica do Concello de Ames, das Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (Milladoiro e Bertamiráns) ou a través de calquer outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do procedemento administrativo común das AAPP.
Unha vez rematado o prazo de inscrición publicarase a lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas na sección de Avisos da web municipal e na páxina https://www.conciliames.gal tendo un prazo de 10 días para a subsanación de documentación naqueles casos nos que sexa preciso. Para máis información poden chamar ao departamento de Educación marcando o número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal.




