RENOVACIÓNS CURSO 2024/2025 DA REDE MUNICIPAL DE COMEDORES ESCOLARES DE AMES

Comedores escolares

Pode consultar as listaxes provisionais de solicitudes de renovación de praza nos Comedores Escolares de Ames e dispón ata o 3 de xullo para emendar as solicitudes que o indiquen.

Se na solicitude indica que ten débeda en executiva, a continuación indicamos os teléfonos para consultar e solucionar a incidencia:
Deputación da Coruña: 900.132.204
Recadación municipal: 981.88.48.96
EPEL Augas de Ames: 981.89.07.76

No apartado "Documentación" pode consultar os comedores de Ceip A Maía, Ceip Agro do Muíño, Ceip de Barouta, EEI do Milladoiro, EEI da Igrexa e EEI de Covas premendo no arquivo "Rede Municipal de Comedores" onde verá se a solicitude de renovación está inicialmente admitida ou se debe emendar a mesma.

No mesmo apartado e premendo no arquivo "Comedor Ventín" pode comprobar se a súa solicitude está pendente de emenda e se os datos de inicio e asistencia están correctos.

As prazas do Comedor de Ventín de momento non se poden asignar, xa que estamos a expensas de coñecer si o centro nos permite a utilización da aula superior do comedor para poder dar cabida a todolos/as usuarios/as.

A publicación das listaxes definitivas de admitidos e excluídos está prevista para a segunda quincena de xullo.

Dirixido a:
Solicitantes de renovación de praza na Rede Municipal de Comedores Escolares de Ames
Ano:
2024
Share