Que teño que facer para emendar a solicitude se pon: "Non paga taxas"

Resposta

Deberá solicitar a autoliquidación de taxas de renovación nas oficinas de Recadación, no correo electrónico ames@canaltributos.com ou obtela directamente na Oficina Virtual Tributaria. As oficinas de recadación atópanse en Bertamiráns na praza da Horta de Abaixo, número 6; e no Milladoiro están situadas na rúa Viorneira, número 6.

Unha vez pagadas as taxas, deberá presentar o xustificante de pago no rexistro indicando o nome do neno/a da solicitude de renovación que desexa emendar.