Listaxes provisionais de admitidos e excluídos en Escola de Verán 2023

Escola de Verán

Todos os nenos e as nenas que solicitaron praza en Escola de Verán 2023 dentro do prazo establecido (do 2 a o 16 de maio de 2023), deben consultar as listas de admitidos e excluídos no apartado de "Documentación", para coñecer o estado da súa solicitude.

Deberá localizar o número asignado no rexistro no momento da presentación e se aparece como "Excluído", ten ata o 23 de xuño do 2023 para emendar a solicitude.

Por outra banda, se a solicitude foi presentada fóra do prazo (do 17 de maio en diante) e no caso de dispor de praza, comunicarase mediante e-mail ou teléfono dende o Departamento de Educación.

 

Se na solicitude indica que ten débeda en executiva, a continuación indicamos os teléfonos para consultar e solucionar a incidencia:
Deputación da Coruña: 900.132.204
Recadación municipal: 981.88.48.96
Espina & Delfín: 981.89.07.76

Dirixido a:
Solicitantes de Escola de Verán 2023
Ano:
2023
Share

Documentación

Faq's

Se fixo a presentación dentro do prazo e non atopa o número, chame ao Departamento de Educación (981 891 476)

Na parte superior central da folla que lle entregaron no momento de presentar a solicitude de forma presencial, ou que se xerou ao rexistrar de maneira telemática a solicitude.

Se é consciente da entidade na que ten a incidencia, deberá solicitar a carta de pago ou de fraccionamento e unha vez solucionado, deberá presentar mediante rexistro a xustificación correspondente.

No caso de que descoñeza a entidade coa que mantén a débeda, poderá consultar nos teléfonos arriba indicados, solucionar e presentar por rexistro a xustificación.

Deberá presentar mediante Rexistro (telemático ou presencial) a documentación que falta ou está incorrecta.