Primavera Lúdica 2022 - PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID-19 DO SERVIZO DE CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR “PRIMAVERA LÚDICA 2022” DO CONCELLO DE AMES

Primavera Lúdica

En relación co programa Primaveira Lúdica, consulte a seguinte documentación que pode ser do seu interese:

- Decreto da alcaldía "PLAN DE ADAPTACIÓN DA PRIMAVERA LÚDICA 2022 ÁS RECOMENDACIÓNS E MEDIDAS PARA O DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN NON FORMAL, OCIO EDUCATIVO E TEMPO LIBRE ADAPTADAS Á SITUACIÓN COVID-19"

- PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID-19 DO SERVIZO DE CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR “PRIMAVERA LÚDICA 2022” DO CONCELLO DE AMES

- Autorización que os pais/nais/titores deberán levar cuberto o primeiro día de utilización do programa, o documento de “Aceptación de condicións de participación, obriga de información e consentimento informado, para participar na actividade “Primavera Lúdica 2022 do Concello de Ames”.

 

 

 

Unha vez rematado o prazo de emendas, o departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de nenas e nenos admitidas e excluídas do programa de conciliación Primavera Lúdica 2022, para a EEI do Milladoiro, o CEP Ventín e o CEIP A Maía.

Se vostede solicitou o programa de conciliación Primavera Lúdica 2022, xa pode consultar as listas provisionais de admitidos e excluídos.

O prazo para emendar as solicitudes é ata o 1 de abril de 2022

Dende hoxe 16 de febreiro ata o 2 de marzo de 2022 está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Primavera Lúdica”, que este ano se desenvolverá os días 11, 12, 13 e 18 de abril. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns), mediante solicitude de cita previa a través da Sede electrónicaPódese obter o impreso de inscrición premendo nesta ligazón.

O programa de conciliación Primavera Lúdica volve neste 2022 para axudar ás familias amesás a compatibilizar vida laboral e familiar. Para sumarse ao servizo, cómpre que as nais, pais ou responsables legais acrediten a necesidade de conciliar, e que teñan nenos ou nenas escolarizadas no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Educación Primaria. Neste senso, os centros educativos nos que se desenvolverá a Primavera Lúdica serán o CEIP da Maía, en Bertamiráns, e no Milladoiro, a EEI do Milladoiro e o CEP Ventín.

O programa Primavera Lúdica oferta os servizos de conciliación habituais no concello, como o Bos Días ou os comedores, co fin de adaptarse ás necesidades de cada familia. Deste xeito, os horarios de entrada dos nenos e nenas poden comezar ás 7:30 ou ás 9:00 horas, cun almorzo opcional para os máis madrugadores, mentres que as horas de recollida serán as 14:30 ou as 16:00 horas.

Dirixido a:
Alumnado de educación infantil e primaria ( de 3 a 12 anos)
Ano:
2022
Share

Requisitos

Documentación necesaria

As persoas interesadas deben presentar a seguinte documentación, salvo que xa estea en poder do persoal do departamento de Educación: copia auténtica ou cotexada do libro de familia e do DNI do titular da conta; documentación que indique a ocupación dos pais, nais, ou responsables legais; certificados de traballo e, de ser o caso, certificación de estar realizando cursos de formación ou calquera outra que especifique a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar. De ser o caso, deberá presentarse ademais, un informe médico que acredite a necesidade de dieta ou calquera outro tipo de tratamento especial. No caso de ruptura familiar, tamén se debe presentar documentación que o xustifique.

Para máis información pódese chamar ao número de teléfono do departamento de Educación, o 981 891 476, ou ben enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal.