PRIMAVERA LÚDICA 2023

Primavera Lúdica

A Concellaría de Educación pon en marcha o programa Primavera Lúdica 2023, dirixido aos rapaces e rapazas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria sempre e cando a totalidade da unidade familiar este empadroada no Concello de Ames.

 
Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 3, 4, 5 e 10 de abril de 2023.

O prazo de inscrición ábrese o 10/02/2023, e pechará o 24/02/2023.
Os interesados/as deberán entregar cubertos os anexos que figuran xunto con este anuncio, sendo obrigatorio entregar, en todo caso, debidamente cubertos o anexo I e o anexo II. En relación ao anexo III só será necesario entregalo naqueles casos nos que non se houbera solicitado con anterioridade a bonificación de taxas para calquera dos programas de educación no curso 2022/2023.
Toda a documentación deberá presentarse a través da Sede electrónica do Concello de Ames, das Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns) ou a través de calquer outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do procedemento administrativo común das AAPP.

Unha vez rematado o prazo de inscrición publicarase a lista provisional de admitidos/as e excluídos na sección de Avisos da web municipal e na páxina https://www.conciliames.gal tendo un prazo de 10 días para a subsanación de documentación naqueles casos nos que sexa preciso. Para máis información poden chamar ao departamento de Educación marcando o número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal.
Dirixido a:
Nenas e Nenos escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria
Número de prazas:
30 para cada centro e ciclo (estimadas)
Ano:
2023
Share

Requisitos

* Rapaces e rapazas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e en educación primaria.

* Unidade familiar (na súa totalidade) empadroada no Concello de Ames.

* Estar ao día no pagamento dos distintos servizos ofertados polo Concello de Ames en xeral, non ter débedas pendentes do pagamento do concello.

* Cumprir os trámites, prazos e requisitos precisos para a utilización do servizo.

Solicitude, preinscrición e matrícula

*Documentación a achegar coas solicitudes*
Os interesados/as deberán achegar a seguinte documentación cos anexos de solicitude: copia do libro de familia; copia do DNI do titular da conta; documentación que indique a ocupación dos pais/nais, titores/titoras (certificados de traballo, e de ser o caso certificación de estar realizando cursos de formación ou calquera outra que especifique a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar). De ser o caso, informe médico que acredite a necesidade de dieta ou calquera outro tipo de tratamento especial. No caso de ruptura da unidade familiar, documentación que o xustifique.