PROGRAMACIÓN DAS ACTIVIDADES A REALIZAR EN BOS DÍAS COLE, COMEDOR E TARDES DIVERTIDAS DURANTE O CURSO 2025/2026
No apartado de Documentación, pode consultar os proxectos educativos presentados pola empresa adxudicataria dos servizos de Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas.
Os obxectivos que se pretenden acadar, segundo indica o Regulamento da Rede Municipal de Comedores Escolares, Bos Días Cole e Tardes Divertidas do Concello de Ames, son os seguintes:
1.- Educación para a saúde:
1.1.- Poñer en práctica hábitos de hixiene persoal.
1.2.- Fomentar hábitos de vida saudables mediante o fomento da inxestión de alimentos variados e sans e dunha actividade física regular.
1.3.- Adquirir hábitos relacionados coas normas de educación básicas na mesa e co uso adecuado dos utensilios relacionados coa comida.
2.- Educación para a convivencia:
2.1.- Fomentar o compañeirismo e as actitudes de igualdade, respecto e tolerancia de cara aos compañeiros/as e a todos os membros da comunidade escolar.
2.2.- Adquirir hábitos de cooperación e implicación, segundo as posibilidades, nas tarefas do servizo de comedor: poñer e retirar o servizo, axudar aos máis pequenos, ...
2.3.- Coidar e respectar os locais, mobiliarios e utensilios de uso comunitario.
3.- Educación para o ocio:
3.1.- Planificar e desenvolver actividades de ocio e tempo libre que contribúan ao desenvolvemento harmónico da personalidade, e ao fomento de hábitos sociais e culturais.
Os proxectos inclúen unha serie de actividades de lecer para antes ou despois do almorzo, comida ou merenda.




