XUÑO LÚDICO 2026

Xuño Lúdico

A Concellaría de Educación pon en marcha o programa Xuño Lúdico 2026, dirixido ós rapaces e ás rapazas escolarizados/as no segundo ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria sempre e cando a totalidade da unidade familiar estea empadroada no Concello de Ames.

Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 22, 23, 25, 26, 29 e 30 xuño de 2026.

 

Os interesados/as deberán entregar cubertos os anexos que figuran no apartado "Documentación", sendo obrigatorio entregar, en todo caso, debidamente cubertos o anexo I e o anexo II.

En relación ao anexo III só será necesario entregalo naqueles casos nos que non se solicitara con anterioridade a bonificación de taxas para calquera dos programas de Educación no curso 2025/2026.

Toda a documentación deberá presentarse a través da Sede electrónica do Concello de Ames, das Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames  (Milladoiro e Bertamiráns) ou a través de calquer outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do procedemento administrativo común das AAPP.

Unha vez rematado o prazo de inscrición publicarase a lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas na sección de Avisos da web municipal e na páxina https://www.conciliames.gal tendo un prazo de 10 días para a subsanación de documentación naqueles casos nos que sexa preciso. Para máis información poden chamar ao departamento de Educación marcando o número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal.

Dirixido a:
Nenos e nenas que cursen o 2º ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria
Ano:
2026
Share

Requisitos

Rapaces e rapazas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria.

Unidade familiar empadroada (na súa totalidade) no Concello de Ames.

Non ter débedas en período executivo coa facenda municipal.

Que os pais/nais, titores/as acrediten a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar.

Solicitude, preinscrición e matrícula

*Documentación a achegar coas solicitudes*
Os interesados/as deberán achegar a seguinte documentación cos anexos de solicitude:
- Libro de familia ou inscrición de nacemento de tódolos/as fillos/as que compoñen a unidade familiar
- DNI do titular da conta.
-Documentación que indique a ocupación dos pais/nais, titores/titoras (certificados de traballo, e de ser o caso certificación de estar a realizar cursos de formación ou calquera outra que especifique a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar).
-De ser o caso, informe médico que acredite a necesidade de dieta ou calquera outro tipo de tratamento especial.
-No caso de ruptura da unidade familiar, documentación que o xustifique.