INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA OS USUARIOS/AS DE BOS DÍAS COLE, COMEDOR E TARDES DIVERTIDAS. CURSO 2023/2024

Bos Días Cole
Comedores escolares
Tardes divertidas

Se son usuarios/as dos servizos de conciliación no curso 2023/2024 (Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas), por favor teñan en conta a seguinte información:

ATENCIÓN TELEFÓNICA DOS SERVIZOS DE CONCILIACIÓN

Será a mesma coordinadora para os tres servizos en cada cole. Como especifica no regulamento, a atención telefónica para avisos é nos seguintes horarios:

  • Para Comedor, como mínimo o mesmo día que desexa facer uso do servizo ata as 9:00h.
  • Para Bos Días Cole en horario de 12:00 a 14:00 e de 18:00 as 20.00 horas do día anterior á utilización do servizo.
  • Para Tardes Divertidas en horario de 17:00 as 20.00 horas do día anterior á utilización do servizo.

Para unha mellor organización, agradecemos que os avisos sexan a través de Whatsapp, de forma que nos permite quedar rexistrado, excepto para urxencias.

As coordinadoras dos centros e teléfonos son:

  • Agro do Muiño+ EEI A Igrexa: Patricia 686527458
  • A Maia: Rebeca 628352877
  • Milladoiro: Marta 608234374
  • Ventín: Laura 669984390
  • Barouta + Covas: Paola 639263693

CAMBIOS NOS HORARIOS DE RECOLLIDA DO COMEDOR

Os cambios nos horarios de recollida terán como únicos requisitos que sexan dentro dos horarios existentes para cada curso, se fagan ca antelación suficiente e non afecten a organización do servizo, motivo polo que deberán ser comunicados telefonicamente á coordinadora do servizo.

PROXECTOS PEDAGÓXICOS

Cada servizo conta con un proxecto pedagóxico para desenvolver durante o curso 2023/2024, que será o fío conductor das actividades e contidos a realizar en cada un e que pode consultar no apartado “DOCUMENTACIÓN”

Dirixido a:
Usuarios/as de Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas
Ano:
2023
Share