NOVAS SOLICITUDES - Listaxe provisional de solicitudes admitidas/excluídas en Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas para o curso 2026/2027
Os solicitantes de novas prazas para o curso 2026/2027 nos servizos de Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas que presentaron preinscrición dentro do prazo (do 01 ao 31 de marzo), deben consultar as listaxes no apartado de "Documentación" localizando a solicitude polo número de rexistro asignado no momento da súa presentación.
Como novidade para o curso 2026/2027 e por aplicación do novo Regulamento da rede municipal de comedores escolares, Bos Días Cole e Tardes Divertidas do Concello de Ames (Bop nº 61 do 31/02/2025), para ter acceso a unha praza nos mencionados servizos, deberán estar en situación de ocupación todos/as os/as proxenitores/as.
"Entenderase por situación de ocupación: contratación laboral; formación académica presencial, pública ou privada; coidado de familiar por parentesco ou afinidade dependente ata terceiro grao, sempre que a persoa dependente conviva no domicilio do demandante do servizo; prisión; residencia no estranxeiro; outra circunstancia debidamente acreditada que impida ou limite a dispoñibilidade para a atención dun neno/a."
As solicitudes que aparecen con débedas, deberán emendarse coa xustificación do pago/aprazamento da mesma e as que non se consideran xustificadas na necesidade de conciliar, deben presentar mediante rexistro a documentación que acredite a situación no momento da presentación da solicitude ou posterior.
Os solicitantes que aparezan nas listaxes con algunha incidencia, teñen un prazo de emenda de 10 días hábiles (ata o 12/06/2026) para presentar mediante rexistro (telemático ou presencial) a documentación necesaria.
Os solicitantes das solicitudes presentadas unha vez rematado o prazo de presentación (a partir do 1 de abril), recibirán comunicación da situación da súa solicitude mediante correo-e. (previsiblemente durante o mes de agosto)




