LISTAXES DE SOLICITUDES ESCOLA DE VERÁN 2026

Escola de Verán

No apartado "documentación" poderá consultar a solicitude para Escola de Verán localizando o expediente polo número asignado no rexistro do Concello.

Deben revisar si as solicitudes corresponden co servizo solicitado, se precisa de algún tipo de emenda e comprobar se o apartado de Conciliación se corresponde coa situación real da unidade familiar, según os seguintes criterios:

0: Non xustifican a necesidade de conciliar ningún dos 2 proxenitores (1 proxenitor/a caso familias monoparentais)

1: Só 1 dos 2 proxenitores xustifica a necesidade de conciliar.

2: Os 2 proxenitores xustifican a necesidade de conciliar (1 proxenitor/a caso familias monoparentais)

No caso de non ter presentada a xustificación, dispón do prazo indicado de emenda para poder presentar a mesma.

Prazo de emendas ata o 23 de xuño de 2026

Se a solicitude foi presentada fora de prazo, e no caso de dispor de praza, comunicarase mediante e-mail ou teléfono dende o Departamento de Educación

Dirixido a:
SOLICITANTES ESCOLA DE VERÁN 2026
Ano:
2026
Share