Xuño Lúdico 2022 - LISTAXES DEFINITIVAS

Xuño Lúdico

Xa pode consultar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos no programa XUÑO LÚDICO 2022 no apartado "documentación".

 

 

 

 

Xuño Lúdico

 

O primeiro día, os nenos e nenas participantes no programa deberán levar cuberta e firmada a declaración responsable, que tamén pode descargar no apartado "documentación"

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dirixido a:
Nenos e nenas matriculados en 2º ciclo de infantil e en primaria
Número de prazas:
45 prazas para cada etapa e localidade
Ano:
2022
Share

Requisitos

As persoas interesadas deben presentar a seguinte documentación, salvo que xa estea en poder do persoal do departamento de Educación: copia auténtica ou cotexada do libro de familia e do DNI do titular da conta; documentación que indique a ocupación dos pais, nais, ou responsables legais; certificados de traballo e, de ser o caso, certificación de estar realizando cursos de formación ou calquera outra que especifique a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar.

De ser o caso, deberá presentarse ademais, un informe médico que acredite a necesidade de dieta ou calquera outro tipo de tratamento especial.

No caso de ruptura familiar, tamén se debe presentar documentación que o xustifique.

Para máis información pódese chamar ao número de teléfono do departamento de Educación, o 981 891 476, ou ben enviar un correo electrónico ao enderezo educación@concellodeames.gal