ESCOLA DE VERÁN 2022 - LISTAS DEFINITIVAS

Escola de Verán

escola de verán 2022

As familias que solicitaron a participación na Escola de Verán, poden comprobar a listaxe definitiva de admitidos e excluídos na Escola de Verán 2022, no apartado de documentación, consultando a lista correspondente ao colexio donde solicitaron o programa.

O primeiro día, os nenos e nenas participantes no programa deberán levar cuberta e firmada a declaración responsable, que tamén pode descargar no apartado "documentación"

 

 

A escola de verán é unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar dos veciños e veciñas de Ames durante o período non lectivo de verán, entre o 1 de xullo de 2022 ata o 31 de agosto de 2022.

As normas de organización e funcionamento de dito programa están reguladas no “Regulamento da escola de verán do Concello de Ames” publicado no BOP núm. 86, de 8 de maio de 2019, que pode consultar no apartado de documentación.

O servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estean escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e Primaria.

Lugares habilitados:

Milladoiro

Escola de Educación Infantil de Milladoiro: para os/as alumnos/as escolarizados durante o curso 2021/2022 nalgún dos niveis do segundo ciclo de educación infantil.

CEP de Ventín: para os/as alumnos/as matriculados/as durante o curso 2021/2022 nalgún dos niveis de educación primaria.

Bertamiráns

CEIP de Maía: para os/as alumnos/as escolarizados durante o curso 2021/2022 nalgún dos niveis do segundo ciclo de educación infantil ou educación primaria.

Dirixido a:
Alumnado de 2º ciclo de educación infantil e primaria
Ano:
2022
Share

Requisitos

- Os nenos/as para os que se solicita o programa deberán pertencer a unha unidade familiar empadroada na súa totalidade no Concello de Ames, no momento de presentar a solicitude.
- Acreditar a necesidade de conciliación de vida laboral e familiar por un ou ambos proxenitores/titores.
- Que a unidade familiar estea ao día no pagamento de todos os servizos ofertados polo Concello de Ames, e en xeral, non ter débedas co Concello; a excepción dos casos informados polos Servizos Sociais Municipais como Emerxencia Social.

Solicitude, preinscrición e matrícula

Cubrir o impreso de inscrición, que poderá facelo nesta páxina seleccionando o ficheiro "Impreso inscrición" no apartado de documentación; descargando o arquivo; solicitandoo no Departamento de Educación (Pazo da Peregrina - Bertamiráns) ou mediante correo electrónico a educacion@concellodeames.gal.

Presentar en calquera rexistro do concello en horario de 9:00 a 14h. de luns a venres, a través do rexistro telemático na sede electrónica do Concello (https://sede.concello.gal/es) ou no rexistro de calquera Administración Pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR), a solicitude de inscrición e o mandato SEPA, debidamente cubertos e asinados.

Esta solicitude deberá vir acompañada dos documentos seguintes:
2. Libro de familia completo*.
3. Documento de Identidade da persoa titular da conta**
4. Documentación que indique a ocupación dos pais/nais, titores/titoras: certificados de traballo, e de ser o caso certificación de estar realizando cursos de formación ou calquera outra que especifique a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar.
5. De ser o caso, informe médico que acredite a necesidade de dieta ou calquera outro tipo de tratamento especial

* O libro de familia só se entregará nos casos en que non se tivese presentado no Departamento de Educación, ou se producise algún cambio na situación familiar.
* No caso de ruptura da unidade familiar, deberá traer a documentación que o xustifique.
** O D.I. só se entregará nos casos en que non se tivese presentado no Departamento de Educación.

IMPORTANTE: Se fai a presentación nun rexistro presencial, deberá levar a documentación orixinal, se o fai nun rexistro telemático, deberá presentar copias auténticas*.

* Terán a consideración de copia auténtica dun documento público administrativo ou privado as realizadas, calquera que sexa o seu soporte, polos órganos competentes das Administracións Públicas nas que quede garantida a identidade do órgano que realizou a copia e o seu contido.

As copias auténticas terán a mesma validez e eficacia que os documentos orixinais. (Artigo 27.2 LPAC)