AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR- 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL - CURSO 2020/2021

Axudas

O 19 de xullo, abre o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil do curso 2020/2021

O luns 18 de xullo do 2022 co número 135, saíu publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria de axudas, para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2020-2021). O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto do 19 de xullo ao 17 de agosto. A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 7.500 euros, sendo de 120 euros o importe máximo concedido por cada nena ou neno.

Poderá consultar as bases desta convocatoria de axudas, imprimir ou cubrir o impreso de solicitude e o resto dos anexos, ao final da páxina no apartado “Documentación”

Dirixido a:
alumnado do segundo ciclo de educación infantil do curso 2020/2021
Ano:
2022
Share

Requisitos

Poderán optar a estas subvencións os pais e nais -ou titores legais- dos nenos e nenas matriculados no curso escolar 2021/2022 nun centro de ensino financiado con fondos públicos, no nivel de Educación Infantil (2ª Etapa, de 3 a 5 anos). Os solicitantes deberán cumprir, ademais dos requisitos recolleitos nos artigos 13 da LGS e 10 da LSGA, o que de sucesivo relaciónanse:

a) A unidade familiar deberá estar empadroada e residir de modo efectivo no Concello de Ames no momento da solicitude.
b) As/os alumnas/os para os que se solicita as axudas deben estar matriculados no curso escolar 2021/2022 en centros de ensino sostidos con fondos públicos no nivel de Educación Infantil (2ª Etapa, de 3 a 5 anos).
c) A renda per cápita da unidade familiar, computando os ingresos percibidos por todos os seus integrantes no exercicio fiscal 2020, non pode ser superior ao 100 % do IPREM anual con pagas extras, fixado para o exercicio 2020 na cantidade de 7.519,59 €.

Solicitude, preinscrición e matrícula

As solicitudes deberán achegarse nos modelos normalizados que figuran como anexos as bases e que poderá cubrir ou descargar no apartado de documentación, presentando tamén a documentación indicada na mesma.

NOTA ACLARATORIA:

No prazo do 19 de xullo ao 17 de agosto, deberá presentarse como mínimo o anexo 1 – solicitude. Se nestas datas ten problemas para presentar algún dos outros anexos, poderá presentalo voluntariamente ata o 30 de setembro.

Lugar de presentación:

Opción1: Rexistro telemático a través da sede electrónica do concello (https://sede.concellodeames.gal/es/)

Opción 2: Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames ubicadas na casa do Concello en Bertamiráns e na oficina municipal do Milladoiro.

Para acudir ao rexistro municipal hai que solicitar cita previa para poder ser atendido. Pódese solicitar cita previa a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou chamando en horario de 08:00 a 09:00 horas e de 14:00 a 15:00 horas, aos seguintes números de teléfono:

  • Oficina de asistencia en materia de rexistro; Rexistro xeral de Bertamiráns: 881 074 709.

  • Oficina de asistencia en materia de rexistro; Rexistro do Milladoiro: 881 074 901.

Tamén se pode solicitar cita previa enviando un correo electrónico a rexistro@concellodeames.gal, onde hai que indicar un número de teléfono para contactar.

Opción 3: Calquera outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das AAPP.

Sexa cal sexa a opción elixida das tres anteriores, só se poden presentar copias auténticas da documentación requirida.