NADAL LÚDICO 2022

Nadal Lúdico

O VENRES 14 DE OUTUBRO ABRE O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NO PROGRAMA NADAL LÚDICO 2022 QUE PERMANECERÁ ABERTO ATA O VENRES 28 DE OUTUBRO.

Nadal Lúdico 2022

O Nadal Lúdico é unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar dos veciños e veciñas de Ames durante as vacacións escolares de Nadal, concretamente para o curso 2022/2023, os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e o 2, 3, 4 e 5 de xaneiro. As normas de organización e funcionamento de dito programa están reguladas no “Regulamento de funcionamento dos programas lúdicos do Concello de Ames” publicado no BOP núm. 86, de 8 de maio de 2019

O servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que no curso 2022/2023 estean escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e Primaria.

Lugares habilitados para o desenvolvemento do programa:

Milladoiro

Escola de Educación Infantil de Milladoiro: para os/as alumnos/as escolarizados no segundo ciclo de educación infantil.

CEP de Ventín: para os/as alumnos/as matriculados/as nalgún dos niveis de educación primaria.

Bertamiráns

CEIP de Maía: para os/as alumnos/as escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e educación primaria.

Dirixido a:
Alumnos/as matriculados no 2º ciclo de Educación Infantil e Primaria
Ano:
2022
Share

Requisitos

- Os nenos/as para os que se solicita o programa deberán pertencer a unha unidade familiar empadroada na súa totalidade no Concello de Ames, no momento de presentar a solicitude.
- Acreditar a necesidade de conciliación de vida laboral e familiar por un ou ambos proxenitores/titores.
- Que a unidade familiar estea ao día no pagamento de todos os servizos ofertados polo Concello de Ames, e en xeral, non ter débedas co Concello; a excepción dos casos informados polos Servizos Sociais Municipais como Emerxencia Social.

Solicitude, preinscrición e matrícula

Cubrir o impreso de inscrición, que poderá facelo nesta páxina seleccionando os ficheiros "Anexo I", "Anexo II" e de ser o caso "Anexo III" no apartado de documentación; descargando o arquivo, solicitandoo no Departamento de Educación (Pazo da Peregrina - Bertamiráns) ou mediante correo electrónico a educacion@concellodeames.gal.

Presentar en calquera rexistro do concello en horario de 9:00 a 14h. de luns a venres, a través do rexistro telemático na sede electrónica do Concello (https://sede.concello.gal/es) ou no rexistro de calquera Administración Pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR), a solicitude e resto de documentos:

1. Anexo I - Inscrición Nadal Lúdico 2022

2. Anexo II - Domiciliación recibo

3. Libro de familia completo (orixinal ou copia auténtica)*

4. Documento de Identidade da persoa titular da conta**

5. Documentación que indique a ocupación dos pais/nais, titores/titoras: certificados de traballo, e de ser o caso certificación de estar realizando cursos de formación ou calquera outra que especifique a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar.

6. De ser o caso, informe médico que acredite a necesidade de dieta ou calquera outro tipo de tratamento especial.

7. De ser o caso, Anexo III debidamente cuberto e firmado, xunto coa documentación que corresponda.

* O libro de familia só se entregará nos casos en que non se tivese presentado no Departamento de Educación, ou se producise algún cambio na situación familiar.
* No caso de ruptura da unidade familiar, deberá traer a documentación que o xustifique.
** O D.I. só se entregará nos casos en que non se tivese presentado no Departamento de Educación e que continúe vixente.

IMPORTANTE: Se fai a presentación nun rexistro presencial, deberá levar a documentación orixinal, se o fai nun rexistro telemático, deberá presentar copias auténticas*.

* Terán a consideración de copia auténtica dun documento público administrativo ou privado as realizadas, calquera que sexa o seu soporte, polos órganos competentes das Administracións Públicas nas que quede garantida a identidade do órgano que realizou a copia e o seu contido.

As copias auténticas terán a mesma validez e eficacia que os documentos orixinais. (Artigo 27.2 LPAC)