Xuño Lúdico 2024

Xuño Lúdico

O Xuño Lúdico é unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar dos veciños e veciñas de Ames durante o período non lectivo do mes de xuño, concretamente para o ano 2024, os días 24, 25, 26, 27 e 28 de xuño. As normas de organización e funcionamento de dito programa están reguladas no “Regulamento de funcionamento dos programas lúdicos do Concello de Ames” publicado no BOP núm. 243, de 26 de decembro de 2022. O servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estean escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e Primaria.

Xuño Lúdico 2024

Segundo establece o artigo 12 de dito Regulamento, os lúdicos desenvólvese en Bertamiráns e no Milladoiro, nos locais habilitados polo Concello e que se farán públicos en cada convocatoria nas oficinas de O Milladoiro e Bertamiráns, e tamén na páxina web do Concello "www.concellodeames.gal"

Lugares habilitados:
Milladoiro
CEP de Ventín: para os/as alumnos/as escolarizados durante o curso 2023/2024 nalgún dos niveis do segundo ciclo de educación infantil e educación primaria.
Bertamiráns
CEIP A Maía: para os/as alumnos/as escolarizados durante o curso 2023/2024 nalgún dos niveis do segundo ciclo de educación infantil e educación primaria.

Pode consultar o proxecto educativo para Xuño Lúdico na páxina da empresa adxudicataria premendo no enlace

Dirixido a:
Nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estean escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e Primaria
Número de prazas:
45 para cada localidade e etapa
Ano:
2024
Share

Requisitos

- Os nenos/as para os que se solicita o programa deberán pertencer a unha unidade familiar empadroada na súa totalidade no Concello de Ames, no momento de presentar a solicitude.
- Acreditar a necesidade de conciliación de vida laboral e familiar por un ou ambos proxenitores/titores.
- Que a unidade familiar estea ao día no pagamento de todos os servizos ofertados polo Concello de Ames, e en xeral, non ter débedas co Concello; a excepción dos casos informados polos Servizos Sociais Municipais como Emerxencia Social.

Solicitude, preinscrición e matrícula

Cubrir o impreso de inscrición, que poderá descargar nesta páxina; solicitandoo no Departamento de Educación (Pazo da Peregrina - Bertamiráns) ou mediante correo electrónico a educacion@concellodeames.gal.

Presentar en calquera rexistro do concello en horario de 9:00 a 14h. de luns a venres, a través do rexistro telemático na sede electrónica do Concello (https://sede.concello.gal/es) ou no rexistro de calquera Administración Pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR), a solicitude de inscrición e o mandato SEPA, debidamente cubertos e asinados.

Esta solicitude deberá vir acompañada dos documentos seguintes:
2. Libro de familia completo*.
3. Documento de Identidade da persoa titular da conta**
4. Documentación que indique a ocupación dos pais/nais, titores/titoras: certificados de traballo, e de ser o caso certificación de estar realizando cursos de formación ou calquera outra que especifique a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar.
5. De ser o caso, informe médico que acredite a necesidade de dieta ou calquera outro tipo de tratamento especial

* O libro de familia só se entregará nos casos en que non se tivese presentado no Departamento de Educación, ou se producise algún cambio na situación familiar.
* No caso de ruptura da unidade familiar, deberá traer a documentación que o xustifique.
** O D.I. só se entregará nos casos en que non se tivese presentado no Departamento de Educación.