Escola de Verán 2024

Escola de Verán

A escola de verán é unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar dos veciños e veciñas de Ames durante o período non lectivo de verán, entre o 1 de xullo e o 31 de agosto de 2024.

As normas de organización e funcionamento de dito programa están reguladas no “REGULAMENTO DO SERVIZO ESCOLA DE VERÁN DO CONCELLO DE AMES publicado no BOP núm. 243, de 26 de decembro de 2022, que pode consultar no apartado de documentación.

O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 3 ata o 20 de maio de 2024.

Cartel

O servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estean escolarizados neste momento no 2º ciclo de Educación Infantil e Primaria.

Lugares habilitados:

Milladoiro

Escola de Educación Infantil de Milladoiro: para os/as alumnos/as escolarizados durante o curso 2023/2024 nalgún dos niveis do segundo ciclo de educación infantil.

CEP de Ventín: para os/as alumnos/as matriculados/as durante o curso 2023/2024 nalgún dos niveis de educación primaria.

Bertamiráns

CEIP de Maía: para os/as alumnos/as escolarizados durante o curso 2023/2024 nalgún dos niveis do segundo ciclo de educación infantil ou educación primaria.

Pode consultar o proxecto educativo previsto para Escola de Verán na páxina da empresa adxudicataria premendo no enlace

Dirixido a:
Nenos e nenas de Ames escolarizadas no 2º ciclo de infantil ou de primaria
Número de prazas:
As especificadas no Decreto 1377/2024
Ano:
2024
Share

Requisitos

- Os nenos/as para os que se solicita o programa deberán pertencer a unha unidade familiar empadroada na súa totalidade no Concello de Ames, no momento de presentar a solicitude.
- Acreditar a necesidade de conciliación de vida laboral e familiar por un ou ambos proxenitores/titores.
- Que a unidade familiar estea ao día no pagamento de todos os servizos ofertados polo Concello de Ames, e en xeral, non ter débedas co Concello; a excepción dos casos informados polos Servizos Sociais Municipais como Emerxencia Social.

Solicitude, preinscrición e matrícula

Cubrir o impreso de inscrición, que poderá descargalo nesta páxina seleccionando os ficheiros "Inscrición-Anexo I", "Inscrición-Anexo II", "Inscrición-Anexo III" e, de ser o caso, "Bonificación de taxas-Anexo IV" no apartado de documentación; solicitandoo no Departamento de Educación (Pazo da Peregrina - Bertamiráns) ou mediante correo electrónico a educacion@concellodeames.gal.

Presentar en calquera rexistro do concello en horario de 9:00 a 14h. de luns a venres, a través do rexistro telemático na sede electrónica do Concello (https://sede.concellodeames.gal/) ou no rexistro de calquera Administración Pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR), a solicitude de inscrición e o mandato SEPA, debidamente cubertos e asinados.

Esta solicitude deberá vir acompañada dos documentos seguintes:
2. Libro de familia completo*.
3. Documento de Identidade da persoa titular da conta**
4. Documentación que indique a ocupación dos pais/nais, titores/titoras: certificados de traballo, e de ser o caso certificación de estar realizando cursos de formación ou calquera outra que especifique a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar.
5. De ser o caso, informe médico que acredite a necesidade de dieta ou calquera outro tipo de tratamento especial

* O libro de familia só se entregará nos casos en que non se tivese presentado no Departamento de Educación, ou se producise algún cambio na situación familiar.
* No caso de ruptura da unidade familiar, deberá traer a documentación que o xustifique.
** O D.I. só se entregará nos casos en que non se tivese presentado no Departamento de Educación.

Faq's

Os arquivos presentados mediante rexistro telemático deberán traer as firmas dixitais de todos os membros maiores de idade que sexan requiridos en cada impreso.

Na Ordenanza fiscal Servizos Complementarios que pode consultar no apartado "Documentación", existe unha táboa de prezos segundo a renda per cápita da unidade familiar do ano 2022 e a frecuencia de uso.

Pode solicitar o programa para os 2 meses completos, para 1 mes completo ou para una quincena completa de 1 ou dos dous meses.

Neste momento xa non se dan citas previas nas oficinas de rexistro do Concello de Ames

Poderá acudir de lúns a venres (excepto festivos) en horario de 09:00 a 14:00 horas