Preinscrición e renovación de praza nos servizos complementarios de educación: Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas para o curso 2023/2024

Bos Días Cole
Comedores escolares
Tardes divertidas

O Concello de Ames abre os procesos de preinscrición e renovación dos servizos complementarios: Rede Municipal de Comedores Escolares, Bos Días Cole e Tardes Divertidas para o curso 2023-2024

Deberán preinscribirse os nenos e as nenas de novo ingreso e os que non estiveran dados de alta nos servizos durante o prazo de renovación.

Deberán renovar aqueles que estean dados de alta nos servizos durante o prazo de renovación e queiran volver a facer uso dos mesmos no curso 2023-2024

A tramitación das solicitudes de prescrición, da renovación e, de ser o caso, de bonificación de taxas pódese realizar a través desta páxina premendo no botón “Inicia sesión” si xa ten conta, ou no botón “Crear conta” se todavía non a ten.

O prazo para poder facer esta xestión está aberto dende o 1 ao 31 de marzo. Posteriormente, abrirase un prazo para formalizar a matrícula dos preinscritos aceptados.

Unha vez feita a preinscrición ou renovación haberá que xerar un pdf co impreso de solicitude, asinalo dixitalmente (todos os membros maiores de idade da unidade familiar) e presentalo a través do Rexistro telemático da Sede electrónica. Outra opción é imprimilo en papel, firmalo manualmente e presentalo nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames, situadas na Casa do Concello, en Bertamiráns; ou na Oficina municipal do Milladoiro.

Por último, tamén se pode presentar o impreso de solicitude en calquera outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de Outubro de Procedemento Administrativo Común das AAPP.

A aplicación para xerar as solicitudes de renovación e preinscrición online para os servizos complementarios de educación e conciliación é o mesmo que se empregou nos últimos anos. As persoas que xa empregaron este servizo anteriormente non teñen que volver a darse de alta. No caso de non ter ou non recordar as claves de acceso poderá solicitalas desde a mesma páxina. Os novos usuarios/as deben premer na ligazón de crear conta. Despois xa se poderá iniciar sesión para facer as xestións que se estimen oportunas. O/as usuarios que non dispoñan de acceso a internet, poderán solicitar unha cita no Departamento de Educación chamando ao número 981 891 476.

No caso da preinscrición na REDE MUNICIPAL DE COMEDORES ESCOLARES, deberán achegar o formulario de baremación e a documentación necesaria para a valoración, xunto coa solicitude.

(¡¡IMPORTANTE!! Para a súa validez e toma en consideración as solicitudes deben rexistrarse)

Ademais, os usuarios/as dispoñen dun simulador de cotas. Este cálculo será orientativo, suxeito á comprobación do expediente por parte do departamento de Educación.

Dirixido a:
Alumnado de educación infantil e primaria ( de 3 a 12 anos)
Ano:
2023
Share

Requisitos

Facer o/s trámite/s dentro do prazo

Estar ao corrente nas obrigas tributarias co Concello de Ames

(Artigos 5, 24 e 25 do Regulamento rede municipal Comedores Escolares, Bos Días Cole e Tardes Divertidas do Concello de Ames)

Solicitude, preinscrición e matrícula

  1. Preinscrición:
    • Cubrir e firmar a solicitude
    • Cubrir e firmar o impreso de baremación
    • Presentar mediante rexistro a solicitude, o impreso de baremación xunto coa documentación precisa
  2. Renovación:
    • Cubrir e firmar a solicitude
    • Presentar mediante rexistro a solicitude e calquera documentación xa presentada que sofrira cambios desde a súa presentación
    • Solicitar o pago das taxas de renovación e efectuar o pago
    • Cubrir, firmar e presentar mediante rexistro a solicitude de Bonificación de Taxas (se procede)

Faq's

Os/as usuarios/as que non dispoñan das ferramentas necesarias para acceder á Internet, teñen á súa disposición o persoal do Departamento de Educación, ben na oficina municipal do Milladoiro ou no Departamento de Educación en Bertamiráns, para realizar de forma conxunta este trámite, para o que deberán solicitar unha cita ao teléfono 981 891 476.

No caso de arquivos presentados de forma telemática deberán vir asinados dixitalmente por todos os proxenitores.

No caso de que na unidade familiar convivan irmáns maiores de idade, estos tamén deberán firmar dixitalmente.