SETEMBRO LÚDICO 2026

Setembro lúdico

O Setembro Lúdico é unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar dos veciños e veciñas de Ames durante o período non lectivo do mes de setembro, concretamente para o ano 2026, do 1 ó 8 de setembro. As normas de organización e funcionamento de dito programa están reguladas no “Regulamento de funcionamento dos programas lúdicos do Concello de Ames” publicado no BOP núm. 243, de 26 de decembro de 2022.

O servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estean escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e Primaria.

Non poderán participar os/as nenos/as que vaian cursar 4º de Educación Infantil no curso 26/27 nin os/as nenos/as que vaian cursar ESO no curso 26/27.

Dirixido a:
Nenos e nenas que no curso 2026/2027 cursen EDUCACIÓN PRIMARIA OU 5º e 6º de EDUCACIÓN INFANTIL
Ano:
2026
Share

Requisitos

-Os nenos/as para os que se solicita o programa deberán pertencer a unha unidade familiar empadroada na súa totalidade no Concello de Ames, no momento de presentar a solicitude.
- Acreditar a necesidade de conciliación de vida laboral e familiar por un ou ambos proxenitores/titores.
- Que a unidade familiar estea ao día no pagamento de todos os servizos ofertados polo Concello de Ames, e en xeral, non ter débedas co Concello

Solicitude, preinscrición e matrícula

Os interesados/as deberán entregar cubertos os anexos que figuran no apartado "Documentación", sendo obrigatorio entregar en todo caso debidamente cubertos os anexos I e II,  o anexo III (se procede).

Presentar en calquera rexistro do Concello en horario de 08:30 a 13:00h (Milladoiro) e de 08:30 a 13:30h (Bertamiráns)  de luns a venres, a través do rexistro telemático na sede electrónica do Concello (https://sede.concello.gal/es), ou calquera outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015 de 1 de outubro de procedemento administrativo común das AAPP.