DOCUMENTACIÓN QUE DEBEN PRESENTAR NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DE AMES, EN HORARIO DE 9:00A 14:00 HORAS, PARA SOLICITAR PRAZA DO 1 AO 15 DE ABRIL:
Folla de solicitude de praza (poderedes descargala co resto da documentación ou solicitala na escola)
1.- XUSTIFICACIÓN SITUACIÓN FAMILIAR
- 1 FOTOCOPIAS DO DNI DOS PAIS.
- UNHA COPIA AUTENTICA DO LIBRO FAMILIA COMPLETO( só páxinas escritas) OU CERTIFICADO DE INSCRICIÓN DE NACEMENTO( só paxinas escritas)
- NO CASO DE SER FAMILIA MONOPARENTAL: SITUACIÓN DE MONOPARENTALIDADE RECOÑECIDA POLA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA OU SENTENZA DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, CONVENIO REGULADOR OU RESOLUCIÓN DE MEDIDAS PATERNO FILIAIS.
- UNHA COPIA AUTENTICA DO LIBRO DE FAMILIA NUMEROSA RECOÑECIDA POLA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, SE É O CASO.
- 1 COPIA AUTÉNTICA DO CERTIFICADO DO GRAO DE DISCAPACIDADE E/OU DEPENDENCIA DO PAI/NAI/TITOR LEGAL OU OUTROS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR
- CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO E CONVIVENCIA (Serán solicitados de oficio polo persoal da escola unha vez entregada a solicitude) ( xuntase copia )
2.- XUSTIFICACIÓN SITUACIÓN LABORAL
2.1.- XUSTIFICACIÓN DE OCUPACIÓN ACTUALIZADA:
-1 FOTOCOPIA DA ÚLTIMA NÓMINA (Para traballadores por conta allea)
- XUSTIFICACIÓN DA XORNADA LABORAL CON ESPECIFICACIÓN DOS HORARIOS DE INVERNO E DE VERÁN (Informe de empresa)
- NO CASO DE BAIXA DE MATERNIDADE/PATERNIDADE ENTREGARASE FOTOCOPIA DA ÚLTIMA NÓMINA DE ALTA E A BAIXA MATERNAL/PATERNAL.
-1 FOTOCOPIA DO ÚLTIMO RECIBO DE PAGAMENTO DA COTA Á SEGURIDADE SOCIAL. (Traballadores autónomos)
-1 FOTOCOPIA DO ÚLTIMO RECIBO DE PAGAMENTO DE COTA DA CORRESPONDENTE MUTUALIDADE. (Traballadores por conta propia)
-No caso de estar realizando estudios oficiais presentar certificado que acredite tal circunstancia para o curso correspondente
2.2.- XUSTIFICACIÓN DE DESEMPREGO ACTUALIZADA:
- CERTIFICACIÓN DE SER DEMANDANTE DE EMPREGO NO QUE SE ESPECIFIQUEN AS ALTAS E BAIXAS (Con efectos do día anterior ao 1 de abril do ano para o que se solicita).
- CERTIFICADO DO INEM QUE ACREDITE SI RECIBE ALGÚN TIPO DE PRESTACIÓN. (Revisable cada 3 meses)
3.- XUSTIFICACIÓN DE SITUACIÓN ECONÓMICA
- AUTORIZACIÓN ASINADA PARA A CONSULTA DOS DATOS TRIBUTARIOS QUE FIGURAN EN PODER DA AXENCIA ESTATAL DE ADMINISTRACIÓN TRIBUTARIA OU DÚAS COPIAS AUTENTICAS DA DECLARACIÓN DA RENDA
- FOTOCOPIA AUTENTICA DA RENDA DE INTEGRACIÓN SOCIAL DE GALICIA (RISGA)
4.- OUTRAS DOCUMENTACIÓNS:
- DOCUMENTO ASINADO DE ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA ESCOLA.
-DECLARACIÓN RESPONSABLE DE COPIA AUTENTICA DA DOCUMENTACIÓN PRESENTADA.
*Terán a consideración de copia auténtica dun documento público administrativo ou privado as realizadas, calquera que sexa o seu soporte, polos órganos competentes das Administracións Públicas nas que quede garantida a identidade do órgano que realizou a copia e o seu contido.
As copias auténticas terán a mesma validez e eficacia que os documentos orixinais. (Artigo 27.2 LPAC)
* Art. 9.5 RRI.- Calquera indicio de cambio non declarado, de distorsión ou de falseamento da situación socio-familiar, da situación laboral-familiar ou da situación económica reflectidas na solicitude poderá dar lugar a que se inicie de oficio unha investigación para a comprobación dos referidos datos. Para a apertura deste expediente nomearase un instrutor/a que será o/a concelleiro/a de Educación, un secretario/a que será o/a secretario/a do Concello ou funcionario/a en quen delegue. A secretaria elaborará un informe que poñerá en coñecemento da comisión de baremación.